FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 10 de decembro de 2013

UN REGALO PERFECTO PARA ESTE NADAL

Comenzando polo número de páxinas, 234, e acabando polo precio, 18 euros (menos do que vale un décimo de lotería).  Obxetivamente, un libro para gardar entre os que teñamos na casa. Un mundo donde sumerxirse e bucear nas suas páxinas durante moito tempo encontrando moitos datos que non sabíamos ou tiñamos nalgún sitio da memoria. Afectivamente, unha pequena xoia que conta o camiño que empezou a trazarse fai mais de cincuenta anos e que, oficialmente, empezou o 12 de Abril de 1964 con un partido entre o Ponteceso e o Cee ainda que os partidos nas poboacións mais futboleiras remontanse aos primeiros anos do pasado século usando para os mesmos as praias, as leiras, as canteiras, os camiños, as rúas, calquer sitio que tivese unhas medidas mínimas para o seu desenrolo.

Agora que o término Costa da Morte sempre ten a connotación entre algúns de que empeza ou termina acó ou aló hai que lembrar que en términos de fútbol e outros deportes xa se leva utilizando desde os tempos da inauguración ou da explosión deportiva que tivo a partires de 1970 donde se uniron aos nove-once equipos que ata entonces xogaron na liga moitísimos mais equipos de unha lista de sesenta e nove que estiveron en algúns ou en todo-los intres das duas competicións.

Pero o fútbol non era sólo deporte. Era vida social e afectiva. Os pobos estaban involucrados. Calquera xogaba ou tiña xogando a un familiar no equipo da vila. E os recordos en forma de fotos, carnets, fichas, entradas, rifas, lotería, carteles, calendarios, banderíns, etc... están presentes tamén neste libro. Xente que está ou que xa desapareceu, recordos dos que puxeron todo o seu empeño en axudar ou animar aos seus e que forman a historia dos clubes tanto como os xogadores, anónimos que se volcaron e que están na memoria dos que ainda siguen. Esta historia,  recoñecendo que agora o abanico xa se ampliou a outros modos de abarcar o noso tempo, ainda non terminou. Tamén é necesario que siga no medio desta especie de "globalización" mal entendida donde se da mais importancia a unha cousa deportiva que ocurre a centos de kilómetros de distancia que ao que ocurre a escasos metros das portas das nosas casas.

Os autores, Héctor e Luis, fixeron un gran esforzo. Luis é unha axenda andante, sempre escribindo ou pedindo datos futbolísticos e volcándoos no seu blog que aquí reflexamos. Héctor pon a nota extradeportiva, él non é un seguidor a ultranza do fútbol como relixión e fai moita falla para poñer os datos sociais na sua xusta medida. Os dous forman un binomio perfecto como xa o demostraran no anterior libro "SCD Malpica - 40 anos de fútbol" que nos deleitou fai tres anos. Esperemos sigan con esta traxectoria no futuro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario