Partido xogado contra os do Porteño. Equipo duro, rocoso e que protestou todo durante o día de hoxe. Empezando polo seu dianteiro Héctor, que se fartou de protestar ao árbitro pedindo penaltis, tarxetas bermellas, amarelas e demais, tamén simulando caídas e faltas que non o foron en absoluto e que tamén podían haber sido apercibidas con unha tarxeta amarela que podía habelo frenado nas suas protestas. Claro que non pediu nin reclamou nada cando él ou un compañeiro seu metía a perna e facía a falta, ahí non había peticións de ningún tipo e, claro, nós recriminamos. O árbitro acabou pasando de todo e non castigando con tarxetas entradas ou agarróns ou tanganas que o reglamento castiga con cartóns amarelos ou incluso bermellos, que sin embargo os dous equipos sí que reclamamos.
Esta primeira parte foi movida e marcáronse catro dos goles do partido. Quen primeiro se achegou con moito perigro foi o equipo camariñán. Primeiro nun lanzamento lonxano que Nacho desviou acertadamente a córner e despois nunha falta (donde chegaron a pedir bermella para Marco decindo que era o último home cando detrás cerraba Chucho) impecablemente lanzada por Pablo e facendo Nacho un paradón e desviando o balón a córner, tal e cómo mostran as fotos. E de poder haber sido o 0-1 pasou a ser un 1-0, cando Richard, no min. 21, rouba un balón na esquerda do ataque, sigue co balón e lanza un tiro axustado ao poste esquerdo onde Ruso non podía chegar. Xogada moi protestada polos xogadores do equipo contrario, que pedían falta de Richard (a nós non nos pareceu que fora infrácción), e que deu lugar a que minutos despois Pichu lles concedera a ventaxa e pitara penalti nunha xogada na que Fran da Illa corta un balón de perigro e aquel dí que lle da na perna ao atacante. Sólo había que ver para donde saliu o balón, parece mentira que Pichu sexa tamén xogador de fútbol. O penalti lanzouno Pablo no min. 25 e fai o empate. Pouco despois, no min. 28, adiántase o Porteño. José Martínez recolle un débil rechace de Chucho, fai o recorte e lanza un trallazo imposible para Nacho. E, seguindo co carrusel de xogadas en ambas porterías, no min. 32, Ruso non é capaz de blocar un balón que tiramos desde lonxe, Richard mete o pé e asiste a Fran que marca o empate. E pudemos poñernos por diante cando unha asistencia de Mutio deixa sólo a Richard cara a portería pero é agarrado descaradamente pola camiseta para que non avanzara, sendo o defensa o último home, e perdoando Pichu a tarxeta bermella.
Non foi tan vistosa a segunda mitade como a primeira. Xa as forzas non eran as mesmas e os dous equipos deixáronse levar un pouquiño mais, cortando moito xogo do contrario para que non houbese tanto perigro. Xa non se viron tanto os porteiros. Nunha xogada aillada, no min. 80, marcou o Porteño. Un dos atacantes adianta o balón. Chucho non consigue facerse con él e, cando o atacante entra na área para seguir ca pelota, e agarrado polo noso defensa, sendo penalti claro e perdonando o árbitro a expulsión. Lanza Pablo o penalti e fai o 2-3. Nós a partir de ahí quixemos atacar pero non conseguíamos balóns claros para os dianteiros. E cando creíamos que ibamos a terminar perdendo, José Regueira recolle un balón no mediocampo e asiste en largo para a posición de Fran que, sin pensalo, acomoda o balón e tira impecablemente por enriba de Ruso. Un golazo que valía para empatar o partido.
Non gustou a ningún dos dous equipos a indolencia de Pichu arbitrando. Si fora riguroso, nin Malpica nin Porteño acabarían con mais de nove xogadores sobre o campo. Hai partidos dónde non hai siquiera unha patada e acaba con mais sancionados que éste (nós acabamos con tres amarelas e eles con unha). Creemos que exhibiu un pasotismo que tampouco é bo para a arbitraxe por moi veteráns que sexamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario