Estamos de noraboa, salen ao mercado laboral os primeiros licenciados pola Fundación Universidade Veterana. O rector estaba moi emocionado na entrega dos diplomas aos aprobados. Mención especial para o alumno Dourado, licenciado "cum laude" no campo da medicina na especialidade de Raios X e mamografías.
Mención especial tamén para o científico de ascendencia cubana El Richar, creador dunha nova medicina que vai a levantar o ánimo para as arcas da Universidade e esperemos que levante algo máis ca riqueza. A poboación femenina da zona hai tres dias que fan cola, que por certo disque remata na recta de Cances, para adquirir unhas caixiñas. Hai milleiros de pedidos e as farmacéuticas rífanse ao novo licenciado para incorporalo na sua plantilla.
Quen optou polo periodismo foi un alumno de Cereo que a media hora de salir licenciado xa atopou emprego nunha televisión local e nun xornal provincial. Encárgase das esquelas e dos sucesos. ¡Todo un crac!
Lancha, un dos alumnos máis aventaxados abriu unha clínica dental preto da súa casa e polo seu inmellorable curriculum académico a Universidade Pontificia Veterana concedeulle unha axuda económica para o material científico....
Pero non todo foi estudar tamén os nosos estudantes tiveron tempo de lecer nunha praia de Grecia
Hai quen optou polo sector servizos
E outros entregaron o seu tempo a Deus e a vida contemplativa apartada dos pecados mundanos da sociedade
Ningún comentario:
Publicar un comentario