FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de febreiro de 2014

CORCOESTO 5 - MALPICA 0






Como no partido de ida tivemos un día excelente entre tanto tempo de tormentas e chuvias. O que sí fallou con respecto a ese partido foi a asistencia. Esta vez sólo estivemos doce xogadores en Paiosaco, entre eles os mais vellos. A nosa edade media neste choque foi de 44 anos e faltaron os que no partido de ida habían decidido o choque (Marcelino, Richard, Agustín, Manu,...).

Ao Corcoesto, que eu sepa, non lle faltou ninguén. Ahí estaban Puñal, Jano, Rober,... En fin, todos os que fan que este equipo esté chamado a ascender xunto co Milagrosa, únicamente unha páxara de esos equipos farían que outros se sumasen ao carro (evidentemente nós non).

O castigo que recibimos neste partido pudo ser abultado pero reflexaba o que foi a segunda mitade : ahí apostamos pola defensa adiantada e, ainda que chegamos ao descanso perdendo, foron os goles nos min. 66 e 67 os que acabaron dándolle a razón aos da Piña que teñen homes rápidos que salen como balas ao contragolpe.

Na primeira mitade o partido estivo un pouco mais equilibrado. Dous erros individuales deron lugar a que nos minutos 21 e 29 Rober e Jesús Rama marcasen. Aparte de estas ocasións poucas mais se fixeron porque nós xogamos con duas líneas moi xuntas e demostrando como se lle podía facer frente. Hai que darlle un notable a Mutio e Fran, que loitaron o indecible para poder chegar as inmediacións da área rival.

Na segunda mitade empezamos ben, incluso pasamos a domiñar o xogo e a meternos todos no campo contrario. Pero eso tiña un prezo : poñer a línea defensiva no mediocampo. E todo balón que pasaba do mediocampo de un terreno de xogo inmenso daba problemas. Porque Jano e Rober salían cara a portería e daban pouca oportunidade a darlles caza. Así, despois de fallar algúns balóns moi claros,  meteu Rober o 3-0 e Jano o 4-0. A partir de ahí desbandada xeral, todo o equipo sin facer fútbol práctico e caeu o 5-0 no min. 71 por medio de Victor e non caeron mais porque eles baixaron o pistón, que si non...

Arbitrou Iván. Fíxoo ben, non hai que decir que tivese culpa de nada. Sólo meteu unha tarxeta a Jesús Fuentes na segunda mitade, merecida porque xa lle perdoara outra moi clara na primeira. O partido, en realidade, foi un partido sin brusquedades. Entre dous equipos que, pese a pelexar no campo o que poden, lévanse entre eles fenomenalmente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario