¡Por fin! O "mister" ensinounos o camiño a seguir: moitos veteranos están atrapados nun corpo que non sinten como seu, pero Dourado fartouse e saíu do armario. Media Malpica está desconcertada a outra metade están facendo cola para operar a suas mulleres na mesma clínica: "Neumáticos Almóvil"
O clero quere tomar medidas e bendecir os vestiarios con "jarrafas de auga bendita" porque parece ser que son un foco de pecado e desenfreno....Estamos estudando a posibilidade de crear un equipo de fútbol veterano femenino, seguramente enchamos dous equipos de quince xogador@s cada un.
Ao final temos que aprazar a cea dos veteranos, Lancha non puido cumprir coa súa promesa de traer o pavo para todos os xogadores
As fotos falan por sí soas
Lembramoslles a todos aqueles interesados en adquirir un "Chuckyto" dos veteranos que aínda quedan existencias a metade de prezo
E como non vai ser menos, unha vez máis outro dos veteranos está nominado ao premio Príncipe de Asturias polas súas inquedanzas deportivas ¡noraboa!
Dende Cabo San Adrán tivo lugar o lanzamento do primeiro astronauta de orixe galego que chegou a Xúpiter sen oxixéno, sen casco e con comida adaptada as súas necesidades; a nave foi diseñada integramente polo equipo científico dos veteranos e a pirotecnia "Fojete veloz". A nave "Kajonamarilus na fura de diante" chegou sen contratempo ao seu destino, so tivemos un problemiña físico por parte do astronauta (chegou sen alento e cos ollos un pouco irritados)
O no circuito americano está a triunfar un dos xogadores máis versátiles e cumpridores dos veteranos "O chupa fíjados"
Ningún comentario:
Publicar un comentario