FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de febreiro de 2014

MALPICA 0 - CERQUEDA 0

Seguimos con un tempo decente para xogar o partido. Un pouco de frío pero non lle podemos facer ascos a este tempo, visto o que está a caer entre semana últimamente. Xogamos o derbi con moi bo ambiente. Falta fai que haxa cordura e que nos dediquemos a xogar.






Cada un dos equipos xuntamos dezaseis xogadores. Daba o número para que non houbese afogamentos e se rexistrase bastante actividade física. Foi bastante curioso ver que eles tiñan no seu ataque a Guaje, Ramón e Chouciño mentras que nós tiñamos a Richard e a Fran, cousa que noutra época foi ao revés.

Na primeira mitade foi o Cerqueda o que puxo mais impetú no centro do campo e na segunda mitade xa o xogo foi mais repartido. Pero ambos equipos dedicámonos mais a destruir xogo que a crealo. Polo tanto nesta primeira mitade non houbo ocasións que reseñar. De feito, os porteiros apenas se viron ao longo deste partido.



Hai que decir que o noso equipo está tendo un bache grande de xogo, calquer comparación co partido que xogamos na primeira volta é sangrante. Recuperar lesionados é a primeira fase para recuperar parte do que facíamos na primeira mitade da liga. E que empecemos a xogar co compañeiro tería que ser a segunda. Porque o que estamos a facer últimamente é todo o contrario, perderse en regates e mais regates tendo ao compañeiro ben situado para recibir o pase. Si o rival ten xente rápida, que arma o ataque ao roubar o balón, machacannos como fixo o outro día o Corcoesto.

Nesta segunda mitade cada equipo tivo unha ocasión. A primeira foi nosa, cando un pase ao hueco permitiu chegar a Alex sólo diante de David, pero a vaselina (algo forzada) que tentou saiu desviada. Eles tiveron a sua mellor oportunidade nunha falta que lanzou Jesús (na nosa opinión, dos mellores hoxe no campo) e que deu no traveseiro da nosa portería.

España foi un gran árbitro para este derbi. Vese que foi árbitro na liga da costa. Non quixo, como algún outro faría, cargar as tintas sobre algunha entrada. A nós zafounos duas amarelas moi claras e ao Cerqueda unha. Sempre dialogante, soubo estar nun derbi que se merecía acabar sin tarxetas polo ben que se portaron os dous equipos sobre o terreno de xogo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario