FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 20 de outubro de 2014

PREMIOS NOBEL

Por vez primeira na historia dos premios Nobel foron adxudicados a varios dos Veteranos de Malpica os galardóns pola sua traxectoria, dando perfecta conta da importancia dos premios e dos premiados.

PREMIO NOBEL DA PAZ:
O xurado premiou a D. José Manuel Dourado Reigía por haber encontrado a paz no grupo dos veteranos, desoindo voces externas que achacaban esa tranquilidade a  supostos sobresoldos dados en sobres a xogadores clave no equipo.


PREMIO NOBEL DE FÍSICA:
O xurado otorgou o premio ex-aequo aos doutores xaponeses Leo Esaki e Morikazu Toda (polos seus traballos sobre os líquidos) e o veterano físico galego Jesús García Pose (polo traballo para evitar a acción de esos líquidos).









 PREMIO NOBEL DE LITERATURA :
O premiado deste ano foi o célebre autor de novelas eróticas D. Jose Manuel Regueira Arcay, precursor do movemento chamado "onanismo realista". Precisamente mostramos unha foto de archivo con outro dos seus premios anteriores, entregado por un dos seus mais ferventes admiradores y asiduo practicante do movemento.





 PREMIO NOBEL DE ECONOMIA:
Entregouse o premio ao ex-xogador dos veteranos D. W. Jesús Calvo Garrido, alegando que fixo méritos dabondo para capear o temporal financieiro facendo ao mesmo tempo equilibrios para aguantar o ritmo imposto a todos os integrantes do equipo. O premiado aproveitou a ceremonia de entrega para brindar polo futuro dos Veteranos de Malpica e acabou con un enigmático  "¡¡¡ Que vos medre !!!". Non sabemos a qué demo se refería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario