FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 23 de outubro de 2014

OPERACIÓN RESCATE

Despois do susto do domingo pasado, unha das nosas estrelas mediáticas, Alberto de Barizo,  recupérase na súa casa, gracias ao bo facer do Ciruxano Xefe Dr. Guasi, alias "o matarife". O tendón de aquiles quedoulle coma novo e o paciente está encantado co novo implante. A navalla que lle regalaron xa ten dentes de tanto cortar "unhas labras"
 A directiva dos Veteranos de Malpica, tivo que tirar da tarxeta B para sufragar os gastos da mellor atención médica posible...
 O ciruxano Dr. Guasi, quedou moi satisfeito da operación, pero ainda así presentou unha queixa ao comité médico pola falla de material quirúrxico axeitado:
- "Boto de menos unha desbrozadora" - eran as suas palabras á prensa deportiva......
Por outra banda, os veteranos estamos nunha encrucillada, xa que temos dúbidas a quen contratar para o programa de rehabilitación de Alberto, por eso dende a directiva estáse facendo un chamamento nas redes sociais para que os internautas voten a que queren que contratemos: 
Se queredes que contratemos a Fifí Pechitos, chamade ao teléfono de Dourado. Se polo contrario queredes contratar a Señorita Ajuantadeles podedes chamar tamén a Dourado.
Alberto, o convaleciente, xa nos solicitou que a Fifí Pechitos a mandásemos para a casa de Suso e a de Abel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario