FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de outubro de 2014

VETERANOS CORCOESTO 2 - VETERANOS MALPICA 4

Bo día e campo en boas condicións para xogar ao fútbol. A calor non obstante facíase excesiva para a práctica do fútbol.
Xogamos contra o Corcoesto, novo na competición, que fixera hasta o de agora moi bo comenzo na liga. Nós eramos trece efectivos contando a Arcay e a Cani que están a sair de unha lesión. Como porteiro circunstancial tivemos a Bugallo por segunda vez consecutiva. Algo no que estamos a ter sorte porque todo-los xogadores que se puxeron na portería ( Carlos, Chaves, Bugallo e obviamente Nacho) o fixeron de película, non tendo ningún pero que poñerlle a sua labor.














PRIMEIRO TEMPO:
Min. 4 : Centro desde a esquerda e Miguel entra sólo no segundo pao, saltando no aire e dándolle de espuela pero o balón sae desviado.
Min. 12 : Balón de Marcelino cara a espalda da defensa, aparece Canilla e toca despistando ao porteiro. O balón sae fora por moi pouco. 
Min. 19 : Falta sobre Marcelino que non se pita, recollen o balón os de Corcoesto no mediocampo e mándanllo sobre da carreira de Miguel que, chegando sólo diante de Bugallo, eleva o balón saindo por enriba do longueiro.
Min. 35 : Fino quere deixar o balón a Bugallo, Miguel habilmente adiantase e tira sobre do corpo do noso porteiro. 
Min. 38 : Falta do Corcoesto que atalla moi ben Bugallo.
Min. 43 : Arcay marcha sólo cara portería, amaga sobre o intento de corte do defensa que o perseguía, e tira moi axustado ao pao pola parte de afora.
Min. 45 : Escapa Arcay pola dereita, centra a portería e Luis, en carreira, empalma o balón ao poste dereito. Podería haber sido un gran gol porque foi a mellor xogada do partido.
Min. 45 + 2 : Penalti por mans de Manolo. Marca Mutio.










SEGUNDO TEMPO :
Min. 49 : Pablo empeza o seu recital, prántase sólo diante de Bugallo pero tira desviado. 
Min. 54 : Falta a favor do Corcoesto. Tira moi ben Rodri e marca o 1-1.
Min. 59 : Escapan cara porta Nacho e Arcay coa oposición de un defensa. Nacho faille o último pase a Arcay, pero o tiro de éste é frouxo e atalla o porteiro.
Min. 63 : Falta a favor do Malpica na esquerda do ataque. Lanza Mutio e Martín non é capaz de atallar o    
1-2.
Min. 64 : Pablo tira a boca de xerro e Bugallo fai un gran despexe cos pés.
Min. 75 : Centro desde a dereita e cabezazo de Pablo que da no pao con Bugallo batido. Podería haber sido outro gran gol.
Min. 78 : Penalti de Marcelino, moi protestado por éste, que lanza Alex. Bugallo fai un paradón pero non pode evitar que o balón vaia a un xogador do Corcoesto, que pasa de novo sobre Alex e éste marca o 2-2.
Min. 81 : Xogada do ataque malpicán na que hai varios rechaces, o balón chega a Nacho que marca o 2-3 de tiro axustado.
Min. 84 : Arcay chega sólo diante de Martín pero tira frouxo e o meta despexa.
Min. 86 : Arcay volve a marchar sólo sobre porta pero tira desviado cando tiña todo a favor.
Min. 87 : Nacho escapa sólo sobre porta e marca o 2-4.

Si entrasen todas as oportunidades claras habería un marcador de escándalo. A clave creemos que foi que o noso equipo chegou mellor as últimas partes de cada partido, o cual vendo a nosa traxectoria no que vai de liga, sería impensable. Francamente, cando nos empataron no min. 78 pensamos que tocaba perder de novo. Pero foi todo o contrario.O equipo ao que lle faltou fuelle foi o Corcoesto.

Gerardo arbitrou ben. Incluso na xogada que lle protestamos, a do penalti, estaba moi ben situado (a tres metros) para vela como era debido. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario