Preséntamonos con tres cambios. Por segundo partido consecutivo aguantamos bastante ben os últimos minutos, incluso, como en Corcoesto, gañamos o partido neses intres.
E ainda así creíamos que non íbamos a ter problemas. Todo estaba en aguantar o resultado. Bueno, pois o noso gozo nun pozo en cousa de dous minutos. No min. 62 escapa pola banda o nº 22 do Camariñas, Antonio Canosa, centra ao punto de penalti e alí José Regueira, en pelexa con Alán (o mellor deles hoxe) e querendo despexar o balón, mete o pé e o balón sale cara a propia porta. Pudemos marcar nós un minuto despois cando Marcelino entra pegado ao poste dereito en un centro de Mutio desde a esquerda pero o balón sae fora (foto de arriba a dereita). E no min. 64 é Alán o que escapa pola dereita e cruza o balón inapenablemente sin que Bugallo poida facer nada. Para maior mágoa, lesiónasenos Alberto de Seaia, que estaba sendo un valladar no mediocampo. Houbo que improvisar solucións e calmar moitos nervios. Lancha pasa a ser centrocampista e tapamos un burato. Empezamos a carburar e, como decíamos ao primeiro, nós últimos quince minutos demos o callo. No min. 77 Arcay escapa sólo pola dereita, fai o pase da morte ao punto de penalti dónde aparece Luis Naya como unha exhalación e pelexando con un defensa, entrando dianteiro e balón na portería. De ahí ao final moitos nervios e contemporizar xogo, habendo xogada polémica cando pasaban tres minutos do tempo reglamentario, na que os camariñáns pediron penalti de Chucho. Creemos que o árbitro estaba perfectamente situado a moi corta distancia para ver perfectamente a xogada e que Chucho foi o que despexou o balón, ainda que a xogada ofrecía dúbidas véndoa ao lonxe.
Pichu estivo ben ainda que non pitou faltas que eran moi claras. Situouse perfectamente no campo seguindo as xogadas de cerca. O que non sabemos porqué descontou catro minutos como si contaran os cambios de xogadores feitos no partido porque o que foron interrupcións de xogo non houbo apenas. Acabamos os malpicáns bastante desquiciados con ese desconto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario