FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 3 de novembro de 2014

OPERACIÓN CHORIZO

O campo de fútbol de Pedra Queimada está pechado por orden xudicial. Un soplo anónimo ás autoridades competentes da existencia de unha organización criminal dedicada ao tráfico de carne adulterada  vendida como "delicatessen da ovella bergantiñán", especie en perigo de extinción que só se daba na granxa que rexentan varios veteranos do Malpica,foi a que desencadenou un despliegue sen precendentes na vila. 
 A mascota do equipo, a ovella "Margarita", resultou ser un porco de cortello (despois de un sutil tratamento de liftin) : - "Nadie sospeitou nada".....

Xa hai o primeiro detido pola operación "chorizo". O xuiz pediulle unha fianza de tres xamóns e un pernil, aparte de desechar a teoría da defensa que consistía en aplicar nun futuro a eximente de "andar sempre con animais de catro e de duas patas..."

 O suposto delincuente contaba cunha infraestructura de primeiro nivel.
Foi detido durante o partido deste domingo, mentres dormía no banquillo


Ningún comentario:

Publicar un comentario