FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de novembro de 2014

VETERANOS DE SOFÁN 1 - VETERANOS DE MALPICA 2 (EN PEDRA QUEIMADA)

Tempo desapacible para xogar o partido contra os Veteranos de Sofán, trocado de campo polas circunstancias do terreo de xogo rival, que cas chuvias caídas non estaba apto para xogar. Eles estaban xusto once efectivos e nós eramos trece, ainda que varios dos que estaban andaban renqueantes e na segunda parte quedamos tamén con once e eso porque Suso levou un golpe na cabeza pero conseguiu acabar o choque. Faltaron por lesión os dous Albertos, mais Marcelino, Arcay, Canilla, Bwana e Rafa mais non pudo vir Marco.





O partido foi moi reñido. O Sofán, aparte de contar con efectivos xustos, ten falta de un dianteiro que acompañe a Roberto para chegar a facer dano. Si hoxe o tivesen, e tamén algo de sorte, gañarían o partido. Porque si un equipo hoxe mereceu gañar aos puntos foron os de aló.

Eso que o partido púxosenos de cara na primeira mitade no min. 28, cando Lancha fai un pase ao oco para a escapada de Nacho, que marca por baixo na portería hoxe defendida por un xogador de campo. E eles tiveron tamén unha boa ocasión de Eugenio para empatar. Non houbo moito mais de ocasións porque o xogo estaba moi repartido.

Na segunda parte o Sofán fixo mais por gañar. A nós xuntousenos que marchou Alfeirán, lesionóusenos Chaves e Mutio, que tiña molestias, probou a xogar e non podía correr pasándose a segunda parte casi andando. Eso facía tamén que o rival se crecera. No min. 71 Roberto cabecea un centro desde a esquerda e, ainda que Bugallo consigue deter o remate o balón marcha mansamente entrando en portería pegado ao pao. Mandaba o Sofán con traballo dos seus homes mais xóvenes, Eugenio e Luis. Firmábamos xa o empate cando no min. 82 un de tantos balóns despexados para alonxar o perigro chega a tres cuartos de campo sobre a posición de Nacho, resbalando o defensa que o marcaba de preto, e o noso dianteiro líbróuse de outro defensa facendo o recorte e mandando un tiro cruzado que entra pegado ao pao. De ahí ao final conseguimos defender a nosa portería e tivemos moita fortuna para facelo. Os minutos de desconto fixéronsenos eternos e o árbitro impuxo os minutos que él considerou a rajatabla.

Javi estivo ben colocado no campo. Sacóunos algo das nosas casillas cando quería impoñer un raro código de conducta nos xogadores e, sobretodo, no tempo de desconto que, para a nosa idea, foi excesivo. Pero non arbitrou mal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario