FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de marzo de 2015

VETERANOS MALPICA 3 - VETERANOS PONIENTE 1





















CRÓNICA DE LUIS PORTO

Goleadores:     
1-0, m. 2: Saque de curruncho lanzado por Mútio a media altura que Marcelino, de extraordinario testarazo en prancha, clava na rede. 
2-0, m. 45: pase entre liñas de José L . Arcay, sobre o desmarque de Marcelino,resolvendo este diante do porteiro visitante con mestría. 
2-1, m. 67: o defensa malpicán Chucho, intenta controlar co peito un centro dos visitantes, o “coiro” váiselle un pouco, recolle Héctor, e fusila ao porteiro local Bugallo. 
3-1, m. 69: reaccionan en seguida os veteranos locais e, un balón rexeitado en longo pola defensa, cáelle por banda dereita a Marcelino, este ve ao porteiro adiantado e dispara, sen apenas ángulo, o porteiro, nun exceso de vista cre que o “coiro” vai fora e introdúceselle na súa portería.          
Incidencias:     Mañá nubrada con vento frío do N.E. Non houbo mancados nin expulsados.   
Comentario:     Un Malpica con poucos recambios no banco, superou ao Poniente sen moitas dificultades, grazas a un hat-trick de Marcelino, que, a falta do goleador Nacho (mancado posiblemente para toda tempada), soubo realizar a misión acertadamente no posto de dianteiro. Paradoxicamente, salvo o último, os goles foron conseguido en contra do vento.
            Con este resultado e o colleitado o pasado venres, os malpicáns rompen unha racha negativa de cinco partidos sen gañar, manténdose na zona media da táboa.     
Árbitro:            Sr. Yulo.-  Correcta actuación.          


Ningún comentario:

Publicar un comentario