
COMENTARIO DE LUIS PORTO :
Goleadores:
1-0, m. 15: Centro chut de Diego que se cola na portería de Bugallo.
2-0, m. 36: saque de curruncho moi pechado que rexeita en curto a defensa malpicán, o “coiro” cáelle a Pampín que bate a Bugallo dun tiro raso a ras do poste.
3-0, m. 41: o porteiro malpicán Bugallo, rexeita un potente tiro dende fora da área, e Juan, moi oportuno, introduce o “coiro” na portería.
3-1, m. 70: Mútio faise cun balón ao borde da área, salva a entrada de dous contrarios e, ante a saída do porteiro local, báteo cun excelente tiro de rosca con moito efecto e sen apenas ángulo.
Incidencias: Mañá primaveral no Municipal de Vimianzo, con escaso público.
Comentario: Os veteranos do Malpica, aínda están pensando agora como perderon este partido. A iniciativa foi totalmente súa así como as ocasións mais claras de gol por medio de Marcelino, Arcay etc. incluso con tiros ao poste, pero os locais nas escasas chegadas materializaron os goles en sendos tiros imparables para o porteiro Bugallo.
Árbitro: Sr. Rama.- Actuación correcta.





Ningún comentario:
Publicar un comentario