FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de abril de 2015

VETERANOS DE NANTÓN 4 - VETERANOS DE MALPICA 3

CRÓNICA DE LUIS PORTO


Goleadores:    
 1-0, m. 4: Francisco.
 1-1, m. 13: Mútio de penalti, por mans dun defensor.
2-1, m. 24: Francisco, en claro fora de xogo, non sinalado
2-2, m. 56: José L. Arcay, de tiro cruzado. 
2-3, m. 61: Marcelino a centro de José L. Arcay. 
3-3, m. 76: Miguel. 
4-3, m. 81: Paco.
Incidencias: A lamentar a grave lexión do malpicán Canilla, no m. 34, que tivo que ser evacuado ao hospital con fractura da tibia e peroné.                      
Comentario:     Non mereceu saír derrotado o equipo malpicán de veteranos esta mañá das “Fontiñas", pero a falta de efectivos para cambios, que aínda se viron mais mermados polo grave contratempo de Canilla, e a actuación do colexiado, privaron aos malpicáns dunha vitoria. Ademais, erraron tres ocasións moi claras na primeira parte.
Os de Nantón, aproveitáronse ben destes elementos, e acabaron derrotando aos malpicáns inmerecidamente.
Árbitro:   Sr. Juan.-  Tremendamente caseiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario