FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de xuño de 2015

FINAL DA TEMPORADA DE VETERANOS 2014-2015


















Rematou a temporada de Veteranos da Costa co partido entre as seleccións de Primeira e Segunda División (que gañaron os primeiros 6-3) e a disputa da finalísima de Copa entre o Coristanco e o Ponteceso. Gañaron os da terra da pataca por 4-2 pero os da terra de Pondal tiveron serias opcións a uns minutos do final, con marcador 2-2, cando Alfonso tirou, desviou Chapas e o balón deu no pao dereito da sua portería. Non rematou ahí a xogada porque o balón voltou a Alfonso que, cando iba volver a rematar, foi trabado pero Isidro non considerou pitar penalti por segunda vez consecutiva. O meta do Coristanco foi vital para o desenrolo do partido (de ahí que unha vez acabou a cousa fora aupado polos seus compañeiros) porque detivo un segundo penalti, esta vez na prórroga, cando o seu equipo iba gañando 3-2. Poñemos as imaxes que sacaron na páxina dos Piratas de Muxía :




En resumo, un partido digno de unha final con dous contrincantes que se empregaron limpamente e a fondo, soportando momentos de gran calor.


Ao final entregáronse os trofeos do Comité a temporada 2014-2015, onde nós tivemos o galardón de Equipo mais deportivo da Segunda División. Botamos de menos na serie de galardoados que o Comité considerase otorgar premios aos equipos menos goleados das duas divisións (que este ano recaerían en San Román, con 27 tantos encaixados, en Primeira e Cerqueda, con 35 goles encaixados, en Segunda). Pero supoñemos que todo se andará.

Felicitamos ao Comité porque creemos que acertou no partido de seleccións xa que ese partido completou unha mañán fantástica para o Fútbol Veterano da Costa. E alegrámonos de que asistira bastante xente para que a modesta recaudación (de rifas e taberna) axudara a familia de José Mato, que tanto necesita para conseguir que acabe o seu pesadelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario