FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 17 de xullo de 2015

PATROCINIO DE UN NOVO DEPORTE: SARTENPÁDEL.

Despois de moitas investigacións, patrocinadas polos Veteranos de Malpica, o Gabinete de Estudos Cinexéticos da Universidade Internacional Malachispa deu a coñecer o novo deporte de nome SARTENPÁDEL. A orixen deste xogo veu dado pola mala economía dos veteranos, a cual non lle daba para raquetas e alguén moi espabilado pensou en que valía a pena reciclar cousas das casas.

 En primicia mundial, e televisado por Atalaia TV, xogóuse o primer partido oficial do WORLD SARTENPADEL TOUR entre as parexas Presidente de Honor/Chucho Canido e  Entrenador/Nacho. Non diremos resultado porque non ven ao caso, ainda que sabemos que a parexa que tiña menos anos gañou por malleira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario