FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de agosto de 2015

AMIGABLE : VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS HOSGRAN 2




Xa está perfilándose o novo equipo dos Veteranos de Malpica para a temporada 2015-2016. Con bastantes novedades e algunhas perdas notables no equipo (a obriga de ter o seguro da competición ainda que se teña seguro particular cubrindo as mesmas cousas non foi do agrado de todos pero que lle vamos a facer). Cando esté a plantilla totalmente cerrada será cando demos conta de todas elas.

O resultado do partido era previsible xa que o equipo rival ten unha media de edade moi baixa pero demos ben o callo durante o partido e tivemos as nosas oportunidades. Cando mais cerca estivemos do empate eles marcaron un segundo gol, un golazo pola escuadra, e mataron o partido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario