FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de setembro de 2015

AMIGABLE : VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE LEILOIO 1

















Non houbo moito tempo para fotos porque os dous equipos xogamos con once efectivos. Temos que agradecer aos nosos rivais que deixaron xogar con nós a un dos seus porteiros, que fixo un gran partido. E acabamos con un expulsado cada escuadra por protestas a Reborido xa que o xogo foi moi limpo. Non sabemos no caso do rival a que debeu a falta de xogadores, no noso caso tiñamos catro ou cinco (que sepamos) con ausencias xustificadas.

Adiantáronse os de Leiloio con gol de MARCOS nunha preciosa execución de unha falta, lanzando o balón por enriba da barreira e axustando ao pao contrario do porteiro. O empate tamén veu de falta lanzada por un dos nosos flamantes fichaxes, ALFREDO Domínguez Pallas, que lanzou un potente chut que tocou un pouco nun defensa e despistou ao porteiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario