FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de setembro de 2015

VETERANOS DE MALPICA 5 - VETERANOS DP. CARBALLO 2

















Pillamos a primeira molladura de agua. Por momentos caeu unha lurda de auga como non recordábamos que houbese pasado na temporada anterior de liga. Pero o campo estaba ben para a práctica de fútbol.

Visitáronnos os amigos do Dp. Carballo. Empezaron gañando con gol de Juan. Démoslle a volta ao tanteador con goles de Marcelino (2), Mutio (o que se ve nunha das fotos, o gol mais bonito, tirou por enriba da barreira e clavouno na escuadra sin que Suso poidese facer nada), Arcay e Alfredo (que voltou a marcar no seu segundo partido con nós). O 5-2 final estableceuno Manuel.

E si antes habíamos presentado a Alfredo como novo fichaxe para este ano agora toca a dous amigos mais que se unen ao noso combinado, bastante mermado esta temporada con respecto a pasada. Xa relacionaremos todas as baixas nunha nova entrada. Os dous novos que presentamos son éstos : o incombustible Leo e o gran central Alberto (xa lle poñeremos unha distinción porque con este nome xa temos outros dous), procedentes do desaparecido Xuventude de Bergantiños. Benvidos todos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario