FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 7 de outubro de 2018

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE LEILOIO 3


Bo tempo para xogar o derbi na Pedra Queimada, sin calor agobiante e un pouco de vento. Hoxe houbo un partido entretido, vistoso para o espectador.

Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Alberto de Carballo, Suso Zas, Pedro; Arcay, Mutio, Alberto de Barizo, Luis Naya; Joshua e Palermo. Despois entraron Carlos, Javi Mato e Abel. Tamén debutou con nós unha nova fichaxe: co número 12, Tone, centrocampista que o fixo moi ben (duas asistencias e un tiro ó longueiro, entre otras cousas). Non xogaron Tono Alfeirán, Fernando Couto e Wash.















O fútbol ten moitas veces estas cousas. Nun partido donde a maioría das ocasións foron nosas, a maior efectividade foi do equipo rival. Non podemos queixarnos, xogamos bastante ben, sobretodo a partir do min. 64, donde ó árbitro decidiu a expulsión de Pedro, por unha reclamación verbal que supoñemos se zanjaba únicamente con tarxeta amarela. Pero con dez no campo metemos ó Leiloio no seu campo, marcando eles nunha xogada de contragolpe.

Xogadas da primeira mitade :

Min. 9: Asistencia de Palermo cara a escapada de Arcay polo extremo esquerdo. O centro de Arcay foi cabeceado por Joshua, en moi boa posición, as mans de Cañarte.
Min. 11: Tiro lonxano que se lle escapou a Cañarte. Arcay, moi atento en boca de gol, pinzou o balón pero é repelido cara a posición de Palermo, que lanzou un forte tiro, lucíndose Cañarte con unha boa estirada que evitou o gol.
Min. 20: Tiro forte de Palermo e desviou Cañarte a córner.
Min. 21: Sácase o cornér. Rematou Joshua ó pao dereito.
Min. 26:1-0, gol de Arcay. Chegoulle o balón en posición de ataque, recortou ó defensa e marcou.
Min. 28: Falta a prol do Leiloio. O tiro foi repelido polo longueiro.
Min. 29:1-1, escapada de Marcos cara porta. Saiulle Chaves, regateouno, e tirou a porta. O balón deu en Alberto de Carballo, que seguía a xogada, pero non consigue detelo.
Min. 31:2-1, Joshua parou co peito un balón que lle veu centrado desde a dereita. Según o balón lle baixa, larga un zambombazo que se cola xunto ó poste esquerdo da portería de Cañarte. Un gran gol.
Min. 44: Volea impresionante de Mutio, que se marcha por moi pouco a esquerda da portería. Si chegara a ir por dentro, Cañarte non a vería.




























Xogadas da segunda parte:

Min. 54: Falta a prol do Leiloio. Tiraron pegado o poste dereito e rechazou Chaves a córner.
Min. 57: Córner desde a esquerda que cabeceou Joshua e saiu pegado ó pao dereito.
Min. 62: Asistencia de Tone a Palermo, só en ataque, saleu Cañarte e regateao, pero toda a defensa do Leiloio cerrou ó noso dianteiro e morre a xogada.
Min. 64:2-2, penalti claro feito por Suso Zas (que non é amonestado). Lanzao Marcos e consigue o empate. Na mesma xogada é expulsado por dobre amarela Pedro.
Min. 70: Asistencia de Tone, deixando sólo a Arcay, que, ainda que se podía ir sólo cara porta, tira desviado a esquerda do porteiro.
Min 76: Rexeite da defensa do Leiloio e Alberto de Barizo, desde fora da área grande, lanzou un forte tiro que saiu pegado ó poste dereito.
Min. 79: A saida de un córner, recibiu o balón Tone, fixo un recorte ó seu defensa, e lanzou un trallazo impresionante que, cando todos cantábamos o gol, petou na parte de abaixo do traveseiro e despois no poste esquerdo.
Min. 86:2-3. En pleno dominio malpicán, rexeita a defensa rival e o balón vai a Alvaro no extremo esquerdo, avanza sólo moitos metros. Parecía unha xogada controlada por nós  porque había tres defensas. Pero Alvaro non o pensa e lanza un zambombazo desde tres cuartos de campo que entra por enriba de Chaves. Outro gran gol.



Arbitraxe de altura para este partido, co cormelán Bruno Méndez (Terceira división). Ainda que parecía que non estaba moi cómodo por arbitrar a veteranos (non houbo revisión de fichas nin saida dos dous equipos acompañándoo), fixo unha arbitraxe seria i efectiva. Dous puntos nos que, para nós, podería haber estado mellor: un despexe de Chaves fora da área no que o dianteiro do Leiloio meteu o pé, levando o noso porteiro un forte golpe, que para o trencilla nin falta foi (e para nós era falta clara e tarxeta). E a expulsión de Pedro,  que creemos foi un castigo excesivo, xa que por reclamar un plantillazo que lle habían feito previo ó penalti, con botarlle unha amarela sobraba. Ahí empezamos a notar a diferencia entre as arbitraxes de antes, que moitas veces se quedaban cortas en tarxetas e as de agora, que se pasan un pouco de largo. Pero tamén temos que empezar a calar e xogar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario