FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de outubro de 2018

VETERANOS DE CORME 4 - VETERANOS DE MALPICA 2



Bo tempo para xogar o que tivemos no Cairo contra o Corme, equipo remozado con xente xove e algún veterano ilustre (caso por exemplo de Isidro).

Veteranos de Malpica: José Regueira; Miguel, Alberto de Carballo, Tono Alfeirán, Luis Naya; Javi Mato, Tone, Alberto de Barizo, Arcay; Joshua e Palermo. Despois xogaron Suso Zas, Abel, Fernando Couto e Wash. 




























Partido con duas partes ben diferenciadas. Un primer tempo domiñado polo Corme con un equipo malpicán que saiu bastante despistado. Proba de elo foi que xa recibimos un gol no primeiro minuto. Balón a espaldas dos centrais, con fora de xogo bastante claro, que deixou ó dianteiro cormelán en franca posición para o remate,  o seu tiro toca na perna esquerda do noso porteiro e vai dar o pao dereito da portería. O rexeite no pao recolleuno René, que andivo mais espabilado que os nosos defensas e marcou. O árbitro non fixo caso das nosas protestas reclamando o fora de xogo.

Seguimos sin reaccionar e recibimos dous goles mais. No min. 27 marcou Suso e no min. 31 un penalti claro por mano de Miguel marcouno Walter. Pero ainda puderon meter outros dous moi claros en balóns que levantaron por enriba de José e sairon fora de milagre. 

Pola nosa parte, tivemos as nosas primeiras duas ocasións contra o descanso, aparte de que o árbitro non quixo pitar dous penaltis tan claros por mans como o que lle pitou a Miguel. Todo nos saía mal. 

No descanso falamos e conxurámonos para dar unha mellor imaxe. Pero a melloría no xogo non deu o resultado que queríamos. O Corme limitábase a deixar pasar os minutos.  Marcamos o 3-1 no min. 61, con centro desde a esquerda e gol en propia porta de Javier. E tivemos cinco ocasións seguidas: una de Palermo, que rematou fora; outra, a saida de unha falta, que rematou Alberto de Barizo contra o lado dereito da portería a media altura, facéndose lucir a Castro. E tres remates claros de Arcay, o último dando no traveseiro. Pudemos meternos no partido pero o balón non quería entrar. 

A nosa defensa arriscada, casi en medio campo, facía que calquer contragolpe deixaría sós os dianteiros cormeláns. Sempre atallaban os nosos defensas (ou tamén José con un rexeite cos pés), salvo no min. 85, que unha galopada de Suso foi culminada con un regate ó noso porteiro, facendo o 4-1. E maquillamos o resultado final no min. 90, con pase ó oco de Alberto de Barizo cara Arcay, na esquerda da área grande. O noso 7 regateou ó defensa e marcou a esquerda do porteiro cormelán. 

Arbitrou Pablo Rama Cotelo. Regular. Para darlle mellor nota, tería que ver algún dos dous penaltis por mans clarísimas que non alcanzou a visualizar. Polo menos non reflexou cartóns amarelos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario