Moito nos temíamos que o mal tempo nos puxese as cousas difíciles neste partido. Pero, salvo a granizada inicial que fixo mais rápido o quencemento xa que todos os que estaban no campo marcharon escapados cara os vestiarios, o partido discurriu con un tempo incluso apacible.
Veteranos de Malpica: Chaves; Miguel, Suso Zas, Alberto de Carballo, Luis; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Leo; Tone e Palermo. Despois xogaron tamén José, Pedro, Carlos, Javi Mato, Abel e Wash.
Xogamos contra o equipo de Baio, donde están os nosos ex-compañeiros Suso Cereo e Manolito. Unha primeira parte para enmarcar que, curiosamente, empezou con unha gran ocasión do Rio Grande - Os Arcos. Despois de uns momentos iniciais de tanteo, no min. 7, Jose A. Lema escapou dos centrais e prantouse só diante de Chaves mais, cando quixo elevar o balón sobre o noso porteiro, saiulle desviado, cos conseguintes lamentos do dianteiro. A partires de ahí a nosa defensa, cos centrais raiando a grande altura, non deu mais opcións de achegamento a nosa portería ata o último cuarto de hora de partido. Mais o noso centro do campo foi potente, cun gran rendemento de Tone axudando a Alberto de Barizo e Mutio, un acerto grandísimo a sua fichaxe. Tamén hai que nomear ós dianteiros, pois tanto Arcay coma Palermo, non deron opcións ca sua movilidade sin tregua.
Marcamos o 0-1 no min. 12, en grande xogada iniciada por Tone. O seu pase á dereita a Palermo foi tocado de primeiras cara Mutio na esquerda, que non perdonou e fusilou a Manolito. E tres minutos despois foi Arcay o que escapou pola banda dereite, recortou diante do defensa e tirou, parando Manolito. Non se rendeu o equipo rival, que no min. 19 achegouse con perigro. De novo Jose A. Lema recibeu un pase na dereita da área grande, recortou diante da entrada de Luis e o seu tiro forte pegou en Alberto de Carballo, perdendo toda opción de empate. No min. 28, outra escapada de Arcay pola dereita e pase da morte cara o centro, donde recolleu o balón Palermo e marcou o 0-2. Despois viria a momentánea lesión de Suso Cereo, que mermou e moito as posibilidades defensivas do Rio Grande - Os Arcos. Palermo voltou a marcar outros dous goles: no min. 34 recolleu un balón en profundidade na esquerda do ataque, sorteou a saida de Manolito e marcou a pracer o 0-3; e no min. 38 roubou un balón, pelexando entre os centrais, i elevou diante da saida de Manolito, facendo o 0-4. Xa en pleno festival do noso dianteiro, no min. 42 voltou a roubar o balón, driblou a Manolito e tirou, pegando o balón no poste dereito.
Empezamos a segunda mitade, xa con todo a favor, seguindo marcando. No min. 48, un centro desde a esquerda non foi convenientemente despexado polo defensa e o balón quedou a pés de Javi Mato, que marcou o seu primeiro gol ca nosa camiseta e fixo o 0-5. No min. 51 o equipo rival logrou o 1-5 cando nun corner botado desde a esquerda non foi defendido como era debido, o balón foi peinado cara atrás e Pablo Sousa meteu un cabezazo, sin opcións para Chaves. Palermo redondeu a sua mañán e marcou o seu cuarto gol (1-6) no min. 54, noutro balón que a defensa baiesa non acertou a despexar e o noso dianteiro non perdonou. O resultado final (2-6) logrouse no min. 57, nunha xogada pola esquerda con balón centrado ó segundo pao, donde Djalma só rematou a pracer. E ainda tivemos outra ocasión clara para marcar, pois no min. 62 pitouse penalti nunha entrada a Palermo e o noso ariete deixoulle o balón para tiralo a Arcay, que lanzou o balón e pegou na base do poste dereito. Nos últimos quince minutos o Río Grande - Os Arcos non se rendeu e xogou no noso campo, pero non tivo resultado e nós adicámonos a contemporizar o xogo e a deixar pasar o tempo.
Arbitrou Rai Reborido. Sí que empezou o partido tarde (15 minutos) porque él revisaba todo e nós somos coma nenos pequenos, que en lugar de axudar a abreviar, parece que ainda o facemos adrede para tardar mais. Pero tamén é certo que a granizada que caeu nese tempo axudou a que non quixeramos sair tan de presa. No seu cometido como trencilla, pasou desapercibido e non mostrou cartóns amarelos, axudado polo marcador tan claro, aparte da sua boa predisposición a pasalo ben neste partido. Houbo protestas dos xogadores pero foron leves e os dous equipos axudaron á labor do colexiado.
Houbo tamén tempo para as reinvindicacións. Tanto en Zas como Malpica e outros pobos do contorno temos o problema de que a Xunta quere escatimar medios (din que por falta de profesionales, pero todos sabemos como queren facer as cousas) e suprimir pediatras nos centros médicos da zoa, centralizando os servizos de pediatría, o cal ocasionaría múltiples atrancos ós pais dos nenos, pois en luar de botar nun centro médico unha hora ou duas, habería que dispoñer da mañán/tarde enteira, aparte de ter que conseguir medios de transporte para achegarse (a Vimianzo, a Carballo,...), cousa que creemos inconcebible e, sobretodo, que sería impensable de facer algo parecido nas ciudades e vilas grandes. Os pobos pequenos/medianos, allo e auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario