FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de novembro de 2018

VETERANOS DE XORNES 0 - VETERANOS DE MALPICA 1


Tempo imprevisto para xogar ó fútbol, ainda que sin chegar o augaceiro que aparecería despois na tarde/noite. 

Veteranos de Malpica: Carlos; Miguel, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva ; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Leo; Tone e Palermo. Despois xogaron tamén Pedro, Chaves, Javi Mato, Luis, Tono e Abel.




O fútbol é estados de ánimo. E como habíamos descuberto en algún partido, xa o podes facer moi ben que, si fallas ocasións claras ou o porteiro/poste as repele, podes pagalo. Esta vez tocounos a parte amable do conto e un partido que iba para empate ou perdido, terminámolo gañando contra un moi bo equipo que non nos regalou nada. O noso esforzo foi supremo, dando todos os xogadores un rendemento óptimo para anular ó rival (axudou moito tamén que tivésemos seis cambios). Hai que tamer dar relevancia no partido de hoxe ós porteiros de ambos conxuntos, Juan J. Trigo e Carlos, porque o mérito de que sólo houbese un gol foi sobretodo deles.

As ocasións foron poucas para a intensidade do partido, pero bastante claras. O Xornes tivo duas: no min. 15, nun centro desde a dereita, David adiántase a saida de Carlos e superao pola dereita; cando todos esperábamos o gol porque toda a portería era para él, tira a porta, colocado pero sin moita forza, e Suso Zas lánzase a polo balón e consigue despexalo a fora de banda. E dous minutos despois, en pleno acoso do Xornes, un remate deles é despexado en plena escuadra dereita por Carlos, evitando outro gol.

Nós tivemos outras duas: no min. 18, balón en profundidade de Alberto cara a esquerda a Palermo, que recorta diante do defensa e tira, dando o balón na base do poste esquerdo. E no min. 42, escapada pola dereita de Palermo, librándose de cantos xogadores lle saen ó paso pero, cando entra na área, fai un último recorte e adiantaselle un pouco de mais o balón, dando tempo a chegar a cerrar e despexar o porteiro.





O partido había sido e sería un espectáculo para ver, porque non había un domiñador claro. Aparte nós tivemos unha baixa importante, a de Alberto de Barizo por lesión, cando estaba a ser un dos homes que mais se estaban lucindo no medio do campo. 

Na segunda parte, a primeira ocasión volvería a ser para o Xornes. No min. 48, un balón centrado desde a dereita, e peiteado cara atrás por un dos dianteiros, e o chegáballe a Martín, que estaba completamente só, e diante da saida de Carlos e con Chaves tentando cerrar, lanzou o balón tentando zafar do noso porteiro, pero saiulle desviado a dereita da portería. E voltarían a repetir eles no min. 60, nun balón que chegou a David, que lanza un tiro colocado que fai lucirse a Carlos na sua estirada.  Pouco despois tivemos nós duas seguidas: no min. 61, un balón centrado por Arcay con moita forza e un defensa mete a cabeza, saindo o balon fora por moi pouco. E un minuto despois, no rechace de un corner, Alberto de Carballo recolle un balón enviado por Leo, estando sólo no punto de penalti. Si seguira cara portería tería unha grande ocasión de marcar. Pero optou por tirar e o seu lanzamento saiu por enriba da portería.

Chegaban os minutos decisivos no último cuarto de hora. No min. 75, recuperación do noso centro do campo, e Mutio manda o balón cara Palermo na esquerda do ataque. O noso dianteiro non perdonou e tirou cruzado, marcando o 0-1 definitivo. A partires de ahí, o Xornes lanzouse en pos do empate e casi o logrou, si non fora porque apareceu de novo Carlos, que primeiro detivo un centro forte desde a banda dereita. E posteriormente, nun paradón contra a base do poste esquerdo, no min. 90+2, cando o partido estaba a acabar. 





Arbitrou Manuel Espasandín Romar. Fará un bó árbitro, pero moitos seguimos vendo a perda de un prometedor porteiro. Fixo unha arbitraxe seria mais nun partido de estas características, donde os dous conxuntos iban a tope, os xogadores pedían mais faltas e mais tarxetas. Finalizou só mostrando unha amarela por equipo, ainda que se viron entradas que tamén pedían claramente esa tarxeta. Pero non se quixo sobrepasar nese sentido e adicouse a deixar xogar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario