Partido xogado con un tempo decente. Non houbo queixa pois non facía moito frío e a chuvia non asomou.
Veteranos de Malpica: Carlos; Miguel, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva ; Arcay, Mutio, Tone, Luis Naya; Joshua e Palermo. Para cambios Abel, Chaves, Javi Mato, José, Leo, Nando, Pedro, Tono e Wash. Moita xente, pero con xente lesionada en postos clave. Faltaba Alberto de Barizo (mais Joshua tivo que marchar a media hora) e lesionáronse posteriormente, no posto de central , tanto Alberto de Carballo como Tono Alfeirán.
Enfrente un dos equipos noveles na liga, o San Ramón (filial do San Román), un equipo que, ainda que tiña un lote de lesionados (dixéronos once), presentou en Malpica un equipo equilibrado e consistente, tendo como cabezas visibles a Marcos e Rizos, rodeados por bastante xente xove que sabían darlle ó balón.

Una primeira mitade mais lenta, ainda que houbese nela mais goles. Ó San Ramón, si cadra consciente de que non tiña mais que un cambio, non lle interesaba un ritmo rápido de xogo. Houbo que esperar ó minuto 11 para ver a primeira ocasión de certo perigro: ó ir polo balón, chocan dous defensas deles e o balón saiu rexeitado bombeado por alto cara a portería dos laracheses, tendo que despexar bastante apurado o seu gardameta Cambón.
Os primeiros goles viñeron seguidos. No min. 18, Mutio sacou moi ben un córner e Joshua gaña a acción ós defensas e cabecea a gol. Un minuto despois veu a réplica: un balón sin aparente perigro, e recibido por Mutio, por diante da defensa, que, ó querer asegurar dando o pase atrás, non se percatou da posición solitaria de Santiago Pedreira, cedéndolle o balón, i éste presentase diante de Carlos e bateuno por baixo.
Este gol fíxonos dano e tardamos en reaccionar. No min. 26, balón en largo cara a carreira de Arcay, pero saeu moi rápido Cambón e abortou a oportunidade. E da ocasión nosa ó gol deles, no min. 38. Según contaron, porque o que escribe non o viu, un balón centrado desde o centro do campo chegou a dous homes do San Ramón que, según os nosos xogadores, estaban claramente en posición de fora de xogo. Un deles, Rubén recolleu o balón e tirou cruzado, facendo o 1-2. Esta vez fumos nós os que reaccionamos rápido, pois dous minutos empatamos, cando Palermo escapou cara porta, aguantando ben a presión de Rizos, e batendo a Cambón por baixo.
A segunda parte foi mais vibrante que a primeira. O marcador podía inclinarse cara calquera dos dous lados, co cual non houbo aburrimento. No min. 49, da mesma forma que nós regaláramos o primeiro gol, o rival concedeunos outro: botaron o balón desde o lateral dereito cara o centro da defensa, donde estaba só en boa posición Arcay, que driblou a Cambón e marcou o 3-2.
Deu un paso ó frente o San Ramón. O punto forte deles son as xogadas a balón parado. Tentárono no min. 56, sacando o balón en largo Rizos e cabeceando Marcos desviado. Non fallaron na siguinte, ainda que con moita fortuna: Rizos sacou en largo no min. 60, Tono Alfeirán quixo despexar o balón pero o que fixo foi peinala cara atrás, entrando o balón pegado ó poste esquerdo da portería, diante da mirada desesperada de Carlos, que non pudo facer nada. Os laracheses habíanse crecido e tres minutos despois, outro balón en largo é parado por un xogador rival de frente para Rubén, que tirou desviado.
Voltou a calmarse o xogo e as ocasións repartíronse. No min.74, foi Leo quen tirou e brilante despexe do porteiro Cambón cara a posición de Luis, só a esquerda, que quere levantar o balón por enriba do gardameta, saíndolle mal e dándollo ás máns. No min. 82, ataque do San Ramón, con balón centrado desde a esquerda, metendo o pé Juan e saíndolle o balón desviado, cando estaba en moi boa posición. E para acabar, no min. 87, Rubén recorta e lanza desviado, mais un minuto despois foi Mutio o que tirou, e despexou Cambón.
Arbitrou Victor Recarey, un luxo que o xefe da delegación arbitral de Baio fora, por problemas de última hora, o que viñese arbitrar. Nada que decir da sua encomenda. Seguiu o xogo moi preto. A nós púxonos tres cartóns por ningún do rival, ainda que sí pudo haberlles metido algún a eles. Na xogada do segundo gol do San Ramón, fallou según a nosa xente, pero todos sabemos o difícil que é ver ben os foras de xogo para un árbitro único. Tampouco creo que os xogadores lle puxésemos as cousas difíciles. E o resultado, visto o partido, foi bastante xusto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario