FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de novembro de 2018

VETERANOS DE RAZO 5 - VETERANOS DE MALPICA 1


Partido xogado con bo tempo. Non eramos moita xente, quince en total, pero faltábanos bastante xente significativa . Eso non é excusa porque noutros partidos faltou algunha dela e salíronos mellor as cousas. O rival tamén tiña xente que saia de unha lesión ou baixas (a mais relevante, para nós, a de Marcos). Mais solucionaron con poñer a Gus mais adiantado e ca presencia en ataque de Couto e Roberto Sande.

Veteranos de Malpica: Carlos; Chaves, Suso Zas,Leo, Alberto Choiva; Javi Mato, Mutio, Tone, Luis; Arcay e Palermo.Despois xogaron Nando, Pedro, Abel e Wash.














Pensábamos que podíamos puntuar (xa que o fixemos as últimas duas veces que viñéramos a Razo, mentras que eles gañaron cando os partidos eran en Malpica). E non fixemos mala primeira mitade. Ainda que chegáramos ó descanso perdendo 2-1 tivemos oportunidades para conseguir outro resultado.

Os primeiros quince minutos foron trepidantes. No min. 4, un balón en largo pola esquerda, foi peinado por Palermo cara atrás, chegando a posición solitaria de Arcay, pero o tiro do noso dianteiro non conseguiu superar a David. E un minuto despois, unha falta lanzada por Mutio foi parada polo porteiro do Razo tirándose preto da base do poste esquerdo. Xogadas respostadas inmediatamente polo Razo. No min. 6, un centro desde a esquerda foi rematado de cabeza na dereita por Gus, en moi boa posición, pero o seu remate saiu desviado. E no min. 11, un balón en largo de Roberto Trigo cara a posición de Luis empálmao de primeiras o dianteiro, pero o seu tiro saiu desviado. Voltando nós a atacar, no min. 13 sacou Carlos en longo, o balón chegou a Arcay que estaba só de cara a portería, pero o seu tiro saiu desviado. Antesala do gol deles: no saque desde a área do Razo, o balón bótarono en longo, Carlos berrou ós defensas para que lle deixasen sair a despexar e saiu da área; o seu despexe foi frouxo, e quedoulle ós pes de Gus, que tirou por alto, zafándose de porteiro e defensas, para marcar o 1-0.

Calmouse o xogo e non houbo mais ocasións ata o min. 31, no que recolleu o balón Palermo en ataque, recortou ó seu par e lanzou un trallazo, rexeitando moi ben o porteiro. Catro minutos despois centraron un balón desde a dereita os de Razo, Carlos na liña de meta pretendeu facerse con él, pero o balón marchoulle debaixo dos brazos, e grazas que estaba presto Couto a despexar cando Luis estaba ó quite para marcar.

No min. 41 Juan marcou o 2-0, nun penalti moi dubidoso. O dianteiro do Razo entrou na área grande, e avanzou pegado a liña dereita, acompañado por Leo. Caeu o dianteiro e Javier Mella pitou penalti, decindo que o había trabado Leo. Protestou o  noso central (mais o lateral Pedro, que se levou a amarela por iso) decindo que foi a él a quen lle habían dado a patada. Ainda así, pudemos chegar empatados ó descanso. Porque no min. 44, Mutio lanzou unha falta, que tocou nun defensa rival e descolocou a David, facendo o 2-1. E un minuto mais tarde, un balón en longo é pelexado por Palermo co central, conseguiu seguir só co balón e tirou fora, pegado o poste dereito, cando xa todos nós cantábamos o gol.












A segunda parte xa foi domiñada claramente polos de Razo. Tivemos a primeira oportunidade nós no min. 55, nun centro desde a esquerda, que cabeceou Luis e sacou un defensa debaixo dos paos. Pero no min. 58, Roberto Sande recolleu un balón na esquerda do ataque, avanzou cara portería sorteando defensas que non lle entraron, e unha vez dentro da área grande lanzou un misil, imparable para Carlos. Un bonito gol que nos fixo deixarnos ir porque os folgos xa non eran os mesmos.  Pudo marcar Gus no min. 61, cando recolleu un balón e meteuse na área e, cando creíamos todos que iba a marcar, lanzou alto. Pero non perdoaron nin Sande, no min. 76, nin Gus (novamente) no min. 89, redondeando a manita cun certero cabezazo.

Arbitrou Javier Mella. Non o fixo mal, salvo a xogada do penalti que supuxo o 2-0. Mostrou tarxetas bastante merecedoras, ainda puxo mostrar mais, porque algunhas entradas foron ó límite. Non foi un partido tranquilo para él.



Ningún comentario:

Publicar un comentario