Parece mentira o bo tempo do que disfrutamos, visto a treboada que caeu en toda a zoa durante a xornada do sábado, onde en Pedra Queimada suspendeuse o encontro do Sp. Seaia, xa que rexistráronse no concello de Malpica sesenta litros por metro cuadrado.
Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, José, Alberto Choiva, Luis; Javi Mato, Tone, Joshua, Negro; Arcay e Palermo. Despois xogarían Alberto de Carballo, Leo e Abel.
Enfrente tiñamos o Deportivo Carballo. Plantilla moi competitiva con W. Daniel coma goleador, iba a ter lugar un duelo moi bonito entre él e Palermo, que finalmente decantouse a favor do noso ariete. Nós, aparte, hoxe estreamos xogador (Negro), que xogou unha primeira parte sobresainte, formando parte de un mediocampo inédito con Tone e Joshua, xa que faltaban Alberto de Barizo (lesionado) e Mutio. Tamén o centro da defensa era novo ó comenzo, xa que incorporouse tarde Alberto de Carballo, polo que tiveron que xogar como centrais José e Alberto de Carballo, tamén sobresaintes.
Empezaron eles moi ben, xa que ó pouco do comenzo, un balón bombeado desde lonxe pegou no traveseiro pola parte superior. E no min. 9 voltaron a repetir, con unha xogada ainda mais perigrosa, cando perdemos un balón preto da área grande, que mandan a esquerda cara a posición solitaria de Rei, que se adentrou na área e, con todo a favor, cruzou en exceso a dereita de Chaves, petando o balón no poste dereito, cando todos creíamos que iba a ser gol.
Pero logramos sobrepoñernos e, co traballo de Negro e Tone, empezamos a ter as nosas oportunidades. No min. 12, Negro pasou a posición adiantada de Palermo, que tirou forte e parou Rubén García. No min. 17, asistencia de Negro a dereita cara Arcay, éste recortou ó seu par e tirou, dando o balón na cruceta dereita da portería. Antesala do gol: no min. 21, balón despexado en largo por Alberto Choiva, a defensa carballesa quedouse pasiva, e Palermo aproveitouno, marchando co balón e cruzando a dereita, diante da saida do porteiro. Ainda tivemos outra oportunidade posterior, cando Arcay recolle un balón preto do centro do campo, e mandou unha asistencia cara a carreira de Palermo, que non chegou por moi pouco e o porteiro pudo desbaratar o ataque.
Posteriormente, houbo varias xogadas en ambos campos, con tiros incluidos, que non sairon entre os tres paos. E no min. 45, tivo o Dp. Carballo outra xogada de ataque mais, con un balon en largo cara a posición moi boa de W. Daniel, pero non logrou controlar o dianteiro e a ocasión esfumouse.
O partido, hai que decilo, era moi bonito de ver, moi entretido. Mais o foi na segunda parte, xa que os carballeses puxeron toda a carne no asador, destacando aparte de W. Daniel o número 21, Rubén Calvete, que xogou no interior esquerdo, e fixo xogadas de auténtico mérito. Xa no min. 52, este xogador recolleu un rexeite pero o seu tiro saiu alto. E no min. 59, tirou con todo a favor, pero o balón saiu rozando o pao. Un minuto despois, un tiro impresionante foi peinado por un defensa noso e non entrou de milagre, pasando o balón xunto ó pao dereito. Estaba o Dp. Carballo merecendo haber empatado o partido. No min. 65 W. Daniel tirou unha falta e Chaves conseguiu despexar con apuros.
Nós bastante facíamos con capear o temporal. No min. 67, Palermo conseguiu quedarse con un balón en ataque, e cedeu a Joshua, que tirou forte pero o balón saiu despexado. No min. 74, Rei fixo o propio, recollendo un rexeite de Alberto de Carballo, tirando desviado. No min. 76, Tone rexeitou un balón debaixo dos paos. No min. 77, W. Daniel cabeceou un córner desde a dereita, en pelexa con Alberto Choiva, saindo o seu cabezazo a esquerda, fora por moi pouco. Ahí acabaron as esperanzas carballesas, xa non voltaron a ter mais ocasións.
No min. 79, Arcay fixo a xogada pola banda dereita, cedeu a Tone, que recortou ó seu par e tirou, saindo desviado. E no min. 88, saque de porta peinado no centro do campo por Joshua, o balón chegou a Negro, que o mandou a Palermo en carreira, saiulle o porteiro, driblouno e Rubén García non tivo mais remedio que facerlle penalti. O noso dianteiro centro non perdonou i marcou o 2-0 definitivo.
Arbitrou o arbitro costeiro Iván Ferreiro, de terceira rexional e fútbol base. Moi ben, pasou desapercibido. Non mostrou cartóns amarelos, ainda que houbo unha acción por bando que o merecían. Non se complicou, o cual dí ben do trencilla, nun partido bastante intenso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario