Empezamos as dez da mañán. Bo tempo para xogar. Algo de vento, non moi molesto, e sin frío.
Veteranos de Malpica: Carlos; Chaves, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Pedro; Javi Mato, Mutio, Tone, Negro; Arcay e Palermo. Despois xogaron tamén Nando, Miguel, Alberto de Barizo, Suso Zas, Luis, Abel e Wash.
O partido, como o marcador da a notar foi demasiado alocado. As defensas deron moitas opcións as dianteiras. Si houbesen entrado toda-las ocasións creadas o marcador acabaría 14-8. Éstas foron as oportunidades da primeira parte:
0-1 (Min. 2): Balón centrado desde a dereita por Arcay, o central saltou insuficientemente, e detrás de él estaba Palermo, que deixou caer o balón para controlalo e marcar.
(Min. 14): Balón centrado desde a dereita por Javi Mato. Palermo rematou xunto ó poste esquerdo, facendo un bo despexe Martín.
(Min. 15): Mutio fixo parede con Tone, chegou ó fondo e asistiu a Negro, que, de tacón puxo en apuros ó porteiro.
1-1 (Min. 21): Balón en largo dos oleiros que chega a Viti, en carreira con Alberto de Carballo. Saiu, algo precipitado, Carlos. Viti o driblou i o noso porteiro o derribou. O consiguiente penalti o marcou Pedro.
1-2 (Min 23): Arcay saiu en contraataque con tres compañeiros mais. Cando chegou ó borde da área grande, driblou ó seu par e lanzou axustado ó pao esquerdo.
(min. 26): Marcharon en posición moi dubidosa Viti e Suso, sin que o árbitro pitara nada. Chegaron sós diante de Carlos, Viti pasou o balón á sua dereita a Suso (que para nós, voltaba a estar mais adiantado, outra vez en posición de fora de xogo) e, cando todos creíamos que viña o empate, estrelou o balón no pao dereito da portería.
(min. 35) Viti escapou só cara porta e tirou, cerrando o oco e despexando moi ben Carlos.
2-2 (min. 36): Xogada calcada a anterior, pero esta vez Viti acertou a superar a Carlos e marcar.
(min. 38): Arcay fixo unha parede con Tone e plantouse diante de Martín. O seu tiro é despexado polo meta.
(min. 41): Centro chute de Tone desde a dereita e despexe do porteiro oleiro a córner.
2-3 (min. 43): Balón en largo desde a nosa defensa, saiu en falso Martín as inmediacións da área, pero o balón recolleuno Palermo e tirou fora do alcance do meta.
2-4 (Min. 47): Balón enviado por Alberto de Barizo cara a esquerda á posición de Palermo, en tres cuartos de campo. Ainda que estaba él só con catro defensas diante de él, fixo un cambio de ritmo e adentrouse na área, zafando a saida de Martín, tocándolle o balón sutilmente pola sua dereita
(Min. 51): Mutio, en boa posición, tirou alto.
(Min. 52): Saida en falso de Carlos ó lateral esquerdo, querendo cortar un ataque oleiro. Faise co balón o dianteiro pero estaba moi esquinado i non foi capaz de atopar portería.
2-5 (Min. 55): Contragolpe perfecto dos malpicáns, o balón chegou a Arcay que asiste perfecto a Palermo, definindo o noso dianteiro por baixo, a esquerda do porteiro.
(Min. 57): Asistencia de Tone cara a carreira de Palermo, que tirou e despexou o gardameta.
(Min. 58): Escapada de un xogador oleiro. O seu centro chute da no longueiro pola parte de arriba.
(Min. 62): Xogada combinativa de todo o mediocampo malpicán, con balón final de Mutio para Palermo, que tirou e o porteiro oleiro fixo un paradón.
2-6 (Min. 81): Falta a favor do Malpica. Lanzou Tone, tocando nun rival e despistando ó porteiro.
2-7 (Min. 85): Alberto de Carballo saiu do noso campo, foi zafando de cantos lle saíron ó paso, e mandou unha asistencia perfecta cara a saida de Palermo, que tirou e marcou o seu quinto gol.
3-7 (Min. 86): Viti, hoxe o xogador mais incisivo do Buño, marchou cara portería e cedeu a dereita a Dani Calvete, que cruzou sobre a saida de Carlos.
4-7 (Min. 87): Viti marca o seu segundo gol.
Arbitrou Pablo Rama Cotelo, arbitraxe de altura. Seguiu o xogo bastante de cerca. Eso sí, debe de estar moi acostumado a facer a sua laboura apoiado por liniers. Porque non marcaba casi que ningún forade xogo. Pedímosllo os xogadores en varias xogadas, sin que fixera caso. O caso mais sangrante foi na xogada do min. 26, que non foi gol de milagre. Non mostrou cartóns, o partido tampouco o mereceu porque non houbo casi entradas, sí protestas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario