FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de decembro de 2018

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE SOFÁN 1


Tempo invernal para a práctica do fútbol durante a primeira parte, con moitísima auga. Arranxou un pouco na segunda, para, curiosamente, calmar de todo e lucir o sol ó término do partido. O campo, anegado, abondo fixeron os dous equipos con tentar xogar ó fútbol, ainda que mellor estaba unha das mitades que a outra (a do lado de entrada estaba moi encharcada).




Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Tone, Mutio, Alberto de Barizo, Leo; Arcay e Palermo. Despois xogaron Miguel, Pedro, Luis, Javi Mato, Tono, Chaves e Abel. Bastantes efectivos, pero fixeron falla.






 


Un tempo para cada equipo. O empate tampouco sería un resultado inxusto. Na primeira mitade dominou o Sofán, con un comenzo intenso, donde brilaron Carlos (nº 7)  e Luis Marrozos (nº 24).

Ocasións da primeira parte :

Min. 5 (0-1): Despois de cinco minutos, donde os nosos xogadores non daban acertado a alonxar o balón das inmediacións da área grande, un saque de esquina botado desde a dereita foi cabeceado certeramente por Antonio, a esquerda e lonxe de Carlos.
 Min. 7: Un dianteiro do Sofán fixo a parede con un compañeiro e presentouse sólo diante da saida de Carlos, que actuou con moita celeridad e conseguiu arrebatarlle o balón e mandalo fora. 
Min. 11: Balón que, a trancas e barrancas, chegou a Palermo, conseguiu controlalo, zafando de Camilo e cruzando diante da saida de Añón, pero éste acertou a despexar.  
Min. 20: Luis Marrozos conectou un bo disparo que se marchou a dereita de Carlos por pouco. 
Min. 44: Arcay centrou desde a esquerda e Palermo non pudo definir. 
Min. 45: Arcay chegou co balón ó lateral dereito da área grande, recortou e tirou forte, pero desviado.





A segunda mitade xa foi outra cousa. O Sofán xa non tiña os bríos da primeira. Déronlle un descanso (largo) a Luis Marrozos e casi que non pasaban de mediocampo, ata despois do gol do empate.

Ocasións da segunda parte :

Min. 48: Palermo recibiu de espaldas, deuse a volta e tirou, rexeitando Añón co pé. 
Min. 57: Foi Mutio quen centrou e Palermo cabeceou, desviado. 
Min. 60: Córner sacado por Mutio desde a esquerda e Tone, en franca posición no borde da área pequena, cabeceou alto, cando creíamos que chegaba o gol.
Min. 66 (1-1): Falta directa no lado esquerdo, preto da área grande (vese nunha das fotos), resolta por Mutio con un disparo a dereita da barrera, ó sitio do porteiro. O defensa que estaba preto da barreira pretendiu despexar, e só fai que desviar ó balón, metendo gol a esquerda e lonxe de Añón.
Min. 72: Fieira conectou un tiro impresionante, que non foi gol porque Carlos fixo a unha man a parada do partido. En esa parada estivo a clave da nosa victoria, porque un gol deles neses minutos, en pleno dominio noso, sería demoledor.
Min. 78: Arcay centrou ó corazón da área rival e acertou a tocar un defensa, despexando o balón ó córner cando había varios xogadores nosos en moi boa posición para marcar.
Min. 79 (2-1): Sacou ese córner Mutio desde a dereita e... Abel !!!, entrando desde atrás, enchufou inapelable o balón a gol. Había que ver a Abel, non dando importancia e pedindo perdón a Camilo & Cía polo gol. Non ten remedio o noso compañeiro.
Min. 88: Balón dos sofanistas ó corazón da área malpicán, liaronse os dianteiros cando estaban en moi boa posición ó borde da área pequena, e non foron capaces de marcar.





 Arbitrou David Cancela. Aparte do bo rollo que había entre os dous equipos (un placer departir con Camilo e Liso, entre outros), tamén o tivemos os dous equipos con él (moi divertido o detalle de recordar o gol noso, olímpico de Mutio, contra o Mazaricos, "reñímoslle", entre risas, por dar pistas ós de Sofán, mais él afirmou que lle gustara moito). Cuidou todos os detalles de preparación do partido i estivo sempre moi ben colocado. Deixou xogar, ainda que para eso non pitase todas as faltas que se lle pediron. Pero o fixo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario