Mañán que iba a ser pasada por auga e que non foi mais que orballo ata que finalizou o partido. Despois sí que choveu e o campo quedou anegado.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Pedro, Suso Zas, Alberto Choiva, Chaves; Javi Mato, Mutio, Leo, Joshua; Arcay e Palermo. Despois xogarían tamén Alberto de Carballo, Nando, Luis, Abel, Fernando e Wash.
Enfrentabamos ó colista, o Rio Grande - Raxería Os Arcos, un equipo que deu que facer e ó que non pudemos doblegar ata o min. 70. Hoxe foi determinante a presencia de Suso na portería e o sacrificio de todos os xogadores, máxime dos homes de ataque, que non se deron nunca por vencidos.

Oportunidades da primeira mitade :
Min. 10 (1-0): Pase en largo de Luis cara a dereita, non o atallou a defensa baiesa, recolleu o balón Arcay, driblou sobre da saida de Manolito, marcando un bonito gol.
Min.15 : Palermo, en pelexa cos centrais, conseguiu tirar despexando a unha man, apuradamente pero moi ben, Manolito.
Min. 18: Rexeite da defensa malpicán que recolleu un dianteiro do equipo rival . O seu tiro posterior saiu desviado.
Min. 19: Balón en largo do equipo rival, cara a escapada de Amado. O sete chegou só diante de Suso e o seu tiro foi rexeitado perfectamente ca perna polo noso meta.
Min. 19: Balón en largo do equipo rival, cara a escapada de Amado. O sete chegou só diante de Suso e o seu tiro foi rexeitado perfectamente ca perna polo noso meta.
Min. 26: O balón chegou a posición de Ferreiro, que tirou e Suso desviou brilantemente a córner, nun paradón.
Min. 40: Alberto de Carballo cedeu mal un balón e recolleuno Ferreiro, que entrou na área e tirou alto, cando estaba en moi boa posición para marcar.
Min. 44: Balón en largo cara Arcay, que entrou ata o fondo, recortou ó seu defensor, pero o seu tiro foi a dar no lateral da rede.Oportunidades da segunda parte :
Min. 47
(2-0) : saque de un córner e cabezazo de Alberto de Carballo que deu no
pao i entrou.
Min. 59
(2-1) : Lema recolleu un balón preto do borde da área grande
e lanzou un tiro impresionante por baixo que Suso non conseguiu
atallar.
Min. 72
(3-1) : Balón en largo cara a escapada de Palermo, que o
protexeu ben do acoso de Suso, entrou na área e bateu a Manolito.
Min. 78
: Adentrouse Nando pola dereita da área e, cando todo o mundo
esperaba unha asistencia cara o centro, lanzou un disparo que petou no
poste dereito.
Min. 80
(4-1) : Palermo recolleu un balón no borde da área grande,
sorteou a defensa baiesa, marcando por baixo.
Arbitrou D. Alberto Baña Tajes. Non se complicou para nada, fixo unha arbitraxe amable (só mostrou un cartón amarelo), pero tamén seguiu moi de preto o xogo. Tampouco houbo xogadas polémicas. Abreviamos o que pudemos o descanso, xa que a continuación arbitraba él tamén o seguinte partido de cadetes.






Ningún comentario:
Publicar un comentario