A
este precioso día non había que pedirlle nada salvo que fixese un
pouquiño de menos calor. O árbitro parou por ese motivo o xogo
durante a primeira parte.
Veteranos
de Malpica : Suso Malpica ; Chaves, Suso Zas, Alberto de Carballo,
Alberto Choiva; Javi Mato, Mutio, Tone, Luis; Arcay e Palermo.
Despois entrarían Leo, Nando, Pedro, Abel e Fernando.
O resultado é bastante enganoso. O rival, con bastante xove, presionou moito durante os noventa minutos. Hoxe salvounos o traballo de todo o mediocampo, unha defensa moi boa (con un Suso Malpica impecable) e a contundencia arriba, con Palermo e Arcay moi batalladores.
Oportunidades
da primeira mitade:
Min. 4 :
Palermo conseguiu levarse un balón en pelexa cos centrais. Diante do
porteiro meteu a punteira, saindo o balón preto do poste esquerdo.
Min. 10
: Palermo voltou a levarse o balón e, cando tiña posición para
darlle de esquerda, usou a perna dereita e o balón saeu desviado.
Min.19 :
Rouco conduciu o balón desde a dereita cara o centro do campo, viu o
desmarque de David e fíxolle o pase. O árbitro pitou fora de xogo
cando David estaba para marcar, con protesta do xogador.
Min. 23:
Centro bombeado de Palermo preto do banderín de córner dereito que
chegou a Mutio i éste disparou cara o sitio donde estaba Juan, que
parou.
Min. 37
(1-0) : Palermo fíxose co balón na esquerda da área grande, foi sorteando a entrada dos defensas contrarios e cruzou diante da saída de Juan.
Min. 41
: precioso tiro de Rouco contra a base do poste esquerdo, que casi
todos víamos como probable gol. Suso fixo unha estirada impecable
para despexar a córner. Houbo unha posibilidade mais de marcar para
eles, pois o saque de esquina foi cabeceado por un xogador do
Xornes, pero o balón saiu alto por moi pouco.
Min. 44
: apertura de Tone cara a posición de Palermo a dereita do ataque. O
árbitro pitou fora de xogo, cando o noso dianteiro quedaba só para
ir cara porta, con protesta nosa.Oportunidades da segunda mitade :
Min. 48
: Palermo escapou co balón dos centrais e cruzou, despexando
brilantemente Juan.
Min. 50
(2-0) : Saque de esquina botado por Mutio desde a dereita e Palermo,
elevándose sobre dos centrais, cabeceou inapelablemente a gol.
Min. 60
: Palermo recibiu o pase en tres cuartos de campo. Adéntrouse na área
grande pola parte dereita e tirou moi forte. Entre o porteiro e o poste, o balón é despexado a córner.
Min. 65
: Arcay escapou pola dereita, adéntrouse na área,
recortou ó seu par e disparou pegado a base do pao, tirándose Juan moi
ben e despexando a córner.
Min. 70
(3-0) : Falta moi ben botada por Mutio desde a dereita ó corazón
da área e impecablemente cabeceada por Alberto de Carballo a gol. O
árbitro atribui o gol a Luis Naya.
Min. 89
: Falta directa sacada por Adrián. O trallazo sae fora por moi
pouco.
Voltou a arbitrarnos un partido o xove cormelán Lucas Vicente Vidal. Seguiu o xogo bastante de lonxe. Cada un dos dous equipos protestoulle unha xogada na que pitou fora de xogo (a do Xornes con resultado de gol e a nosa que quedaba moi clara para irse só Palermo cara porta), pero xa sabemos que para un árbitro só faise a cousa moi difícil. Agradecemos o xesto que tivo de parar o xogo na primeira parte para que os xogadores bebesen algo, pois a calor era bastante excesiva. Botamos de menos que voltase a conceder esa circunstancia na segunda. Fora de eso, non se complicou en exceso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario