Iba a ser somente un orballo o que tivemos cando chegamos a Paiosaco. Mais, na primeira parte, a cantidade de auga foi a mais e terminou empapando como debido a todos os actuantes do enfrentamento. Na segunda parte xa foi menos e pudemos disfrutar do campo (perfecto, recén remodelado) e do partido.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Pedro, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Tone, Leo, Mutio, Luis; Arcay e Palermo. Despois entrarían tamén Javi Mato, Chaves, Nando, Abel e Fernando.
O lema do Paiosaco no seu campo "É moi difícil vencer a alguén que nunca se rende" define a perfección o momento actual do noso equipo. Pelexamos todos, empuxamos todos, con un porteiro de garantías, unha defensa e un centro do campo que non dan un balón por perdido. A calidade dos de arriba fai o resto. Xenéranse moitas oportunidades de gol mentras que non recibimos moitas.
Oportunidades mais relevantes da primeira mitade :
Min.
6 : Pedro foi presionado por un rival e cedeu cara a posición de
Suso, ca presencia de outro atacante do San Ramón. Suso tivo que
sair como unha centella da área e despexar apuradamente.
Min.
7: Un pase dos nosos centrais cara a posición de Alberto Choiva foi
interceptada por un atacante rival, que en boa posición, tirou
desviado.
Min
21: Centro desde a esquerda cara a área do San Ramón, donde
esperaban un montón de xogadores de ambos equipos. O balón terminou
caéndolle en boa posición a Tone, que rematou forte e fixo lucirse
a Cambón, que despexou en áxil estirada.
Min.
33: Chegoulle o balón a Arcay, casi na posición da media luna da
área grande. O seu tiro saiu algo desviado, pegado ó poste dereito
da portería rival.
Min. 40 (0-1): O balón chegou desde a esquerda a posición solitaria de
Palermo. Quixo ir cerrarlle Rizos, mais non lle deu tempo. Palermo
tirou e Cambón, ainda que puxo o corpo para parar o balón, non
acertou a evitar o gol.
Min.
45+1 : Falta directa fora da área grande. Palermo lanzou moi forte,
rexeitou o gardamallas e Leo, en boca de gol, tirou desviado.
Oportunidades mais relevantes da segunda mitade :
Min. 58: Javi Mato centrou moi ben desde a dereita, cara a posición de Palermo, que estaba só diante do porteiro. De primeiras non conseguiu controlar. O fixo finalmente nunha esquina da área pequena e tirou, despexando brilantemente Cambón.
Min.
72 (0-2): Rizos fíxose co balón e tentou zafar da presión de
Palermo, mais resbalou, deixándolle o balón franco ó noso
dianteiro, que marchou só cara porta e marcou, salvando a saida de
Cambón.
Min.
82 : Balón en ataque que chegou a posición de Palermo, controlou
pero tirou alto.
Min.
85 : Falta botada polo San Ramón, o balón pasa entre unha nube de
xogadores, chegando a un dianteiro do San Ramón, só diante de Suso,
mais o balón estaba dividido entre él e o noso porteiro. O seu intento
de remate non prosperou.
Min.
87 (0-3) : Centro medido desde a dereita de Luis cara a posición de
Palermo. Este parou e acomodou o balòn, deixandollo perfecto a un
lado a Mutio que, vindo en carreira, cruzou perfectamente e
marcou.
Min.
88 (0-4) : Balón que foi ó borde da área grande a Arcay. Entre os
dous centrais, rematou impecablemente, lonxe do alcance de Cambón.
Arbitrou D. Martín Goyanes. O partido non foi bronco, co cual non tivo moito traballo. Só mostrou un cartón amarelo, o que da idea do que pasou. Pasou desapercibido e a sua colocación no campo foi correcta.
Arbitrou D. Martín Goyanes. O partido non foi bronco, co cual non tivo moito traballo. Só mostrou un cartón amarelo, o que da idea do que pasou. Pasou desapercibido e a sua colocación no campo foi correcta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario