FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de marzo de 2019

VETERANOS MALPICA 3 - VETERANOS RAZO 1





A chuvia respetounos prácticamente durante todo o partido. Enfrente tiñamos ó segundo clasificado desta liga i, en verdade, que fixo honra a ese posto, con un conxunto xove, con Sande en plan figura, e alto ritmo físico que impuxo no partido. Nós, pola contra, puxemos entrega total de todos os xogadores, as paradas de gran nivel de Suso Malpica e un acertadísimo Palermo en ataque, que fixo un triplete contra os seus ex-compañeiros. E tamén certas dosis de boa sorte en momentos puntuais, nos que os de Razo fixeron méritos para remontar. Estamos a facer unha moi boa segunda volta, donde gañamos ata o momento sete partidos, empatando contra o Corme e perdendo pola mínima en Mazaricos.

Veteranos de Malpica : Suso Malpica; Nando, Alberto de Carballo, Suso Zas, Pedro; Tone, Leo, Mutio, Luis; Arcay e Palermo. Despois xogarían tamén Chaves, Javi, Miguel, Abel e Fernando.













Ocasións mais relevantes da primeira mitade :

Min. 3 (1-0) : Arcay levouse un balón; fixéronlle falta pero, como o esférico vai parar a Palermo, o árbitro deu a lei da ventaxa. Palermo meteu a directa e prántouse só diante de David Taboada, inaugurando o taboleiro.
Min. 11 : Balón de Trigo as costas da nosa defensa, donde estaba Marcos. Para nós era fora de xogo pero non se pitou. Marcos cedeu cara atrás a Sande, que tirou moi ben e fixo lucirse a Suso Malpica que despexou cando se esperaba que fose gol.
Min. 15 : Escapada de Sande pola dereita, regateou defensas e adentrouse na área, logrando chegar ata diante de Suso e tirando de punteira, lucíndose de novo o noso porteiro.
Min. 44 : Control de Sande dentro da área. O seu remate, claro a gol, foi tocado en última instancia por Suso Zas, saindo desviado a córner.









Ocasións mais relevantes da segunda mitade :

Min. 50 : Sande fíxose co balón en tres cuartos de campo e tirou un trallazo, que tocou nas costas de Alberto de Carballo e foise fora.
Min. 64 : Balón pasado desde a dereita e Marcos chegou forzado ó remate, saindo desviado.
Min. 72 (2-0) : Leo recuperou moi ben un balón, cedéndollo a sua dereita a Nando, que manda o balón en largo. Palermo levouse ese balón en carreira, regateando a David e marcando.
Min. 75 : Falta, totalmente innecesaria, a favor dos de Razo. Lanzouna moi forte Sande, detendo por alto con moita seguridade Suso Malpica.
Min. 77 : Centro de Trigo as costas da defensa que non logrou controlar, cando estaba en moi boa posición, Jose Ramón Pose.
Min. 81 : Falta botada por Jose Manuel Suárez, que despexa apuradamente Suso Malpica a córner.
Min. 86 (3-0) : Javi, que sustituira no ataque a Arcay por lesión de éste, pelexou un balón con un defensa. O balón quedou morto e Palermo, ó quite, levouno en carreira, sentando a David e marcando.
Min. 88 (3-1) : Pedro entrou ó corte con un dianteiro rival. O árbitro pitou penalti. Lanzouno Marcos e Suso Malpica, ainda que logrou tocar o esférico, non pudo evitar o gol.




Arbitrou Juan Marcos Ríos Suárez. Algo condescendente co xogo algo duro dos nosos rivais. Sí que lle reclamamos o detalle técnico que aparece na foto : sacaron un córner os de Razo, despexando un defensa noso. Neses intres, estaba a producirse un cambio do equipo rival e o xogador sustituido non había abandonado o campo, chegando incluso a estorbar, ca sua presencia, a nosa saida de balón. E o trencilla non pitou, botándonos a culpa por non haber parado o xogo. No resto, estivo ben colocado e non tivo apenas influencia no marcador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario