FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 24 de marzo de 2019

VETERANOS DP. CARBALLO 1 - VETERANOS MALPICA 1


Calor excesiva, casi de verán, bastante insoportable para competición de veteranos no campo de Sofán, foi o que tivemos neste partido empezado as doce do mediodía. Notouse no xogo, espeso, con moito centrocampismo porque houbo que administrarse e moito.

Veteranos de Malpica : Suso Malpica; Nando, Alberto de Carballo, Suso Zas, Chaves; Javi Mato, Mutio, Alberto de Carballo, Carlos; Leo e Palermo. Despois xogarían tamén Abel, Wash e Fernando. Moitas baixas, algunhas bastante significativas, en ambos conxuntos.






Chegamos ó descanso gañando 0-1. O gol, no min. 30, foi fruto de unha internada pola dereita de Javi Mato, fixo a parede con Palermo que devolviulla á área pequena. O tiro de Javi foi rexeitado moi ben por Rubén pero ó quite estaba tamén Palermo que rematou dando no traveseiro i entrando. Como o balón voltou a sair, os locais reclamaron que non había entrado mais o árbitro concedeuno.












Tamén a segunda parte foi movida porque o balón non tiña dono. As defensas deron boa conta dos ataques, ainda que nós pudemos marcar o 0-2 si Palermo, recibindo un centro desde a dereita, houbese atinado con un cabezazo cando estaba completamente só, mais o fixo ás mans do porteiro. Eles tamén crearon perigro, sobretodo co nº 10, Carlos, pero hoxe a nosa defensa e porteiro amosáronse infranqueables.

Cando mais seguros estábamos a mover o xogo no mediocampo, no min. 88 chegou o fallo que deu luar ó empate final. Un balón que movía Mutio no mediocampo retrasouno sobre Chaves i éste sobre Suso Zas. O central, que ata entón fixera un partido perfecto, cedeu ó noso porteiro. Saiulle o pase moi corto, aproveitándose delo Carlos, que chegou antes que Suso Malpica e tirou. Ainda que o noso meta chegou a tocar, non pudo impedir que o balón seguise solto e delo aproveitouse Eloy para remachar a pracer.

Arbitrounos por vez primeira Rubén Reborido, que xa había dirixido anteriormente un partido de benxamíns. A actitude que mostrou foi condescendente, a mesma que tivera cos raparigos. Pudo mostrar mais cartóns que o único que lles puxo os do Dp. Carballo, pero non estivo pola labor. No resto pasou desapercibido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario