Grazas a deus non fixo o sol e a calor axfisiante da xornada anterior e pudemos disfrutar de un partido intenso de veteranos. Nós con moitas baixas e significativas : Suso Malpica, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro, Mutio, Tone, Joshua (mais as consabidas de Bugallo, Negro e Tono), que estaban xogando en partidos anteriores como titulares. Os demais integrantes fixeron un esforzo (sobretodo os ainda renqueantes Alberto de Barizo, Arcay e José) para que non se notase demasiado. No equipo rival faltaban catro homes, entre eles (a mais chamativa para nós) Dani Calvete.
Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Alberto Choiva, José, Chaves; Miguel, Alberto de Barizo, Leo, Luis; Javi Mato e Palermo. Xogarían tamén Abel, Arcay, Fernando e Wash.
Duas partes diferenciadas. A primeira foi para os nosos rivais. Marcaron o 0-1 no min. 27 nunha xogada que pudo haberse evitado pola nosa parte : Alberto de Barizo conducía un balón e lévouno cara a posición defensiva de José que saíu e quixo despexalo, o balón rebotou en Alberto que non se pudo apartar e foi solto a zoa de Viti, que non o pensou e tirou desde lonxe; Carlos, que xa había iniciado a saida, quedou descolocado e non acertou a blocar a pelota, entrando amodiño na portería.
Pero aparte do gol, os oleiros tiveron catro ocasións claras. A primeira xa no min. 2: un balón no corazón da área floxamente despexado, chegou a Beckan, que tirou alto cando a ocasión para marcar era clarísima. Outra, pouco despois do gol, nun balón que tiraron para o desmarque de Viti, no interior esquerdo; Carlos, equivocadamente, quixo sair a despexalo cando estaba moi lonxe. Viti recolleu o balón e regateou a saida de Carlos. O noso porteiro, xa sobrepasado, lanzou a perna para provocar o penalti cando o dianteiro estaba xa dentro da área para tirar a porta, pero non chegou a alcanzar a Viti (menos mal, porque o penalti sería clarísimo). Cando xa pensábamos que iba a celebrar o gol, a intervención de Alberto Choiva conseguiu despexar o balón. Mais tarde, os de Buño tiveron outros dous tiros perigrosísimos que Carlos, esta vez sí, soubo parar soberanamente.
Pero non marcaron e sí o fixemos nós. No min. 37,un balón procedente de unha falta desde a esquerda despexouno deficientemente a defensa do Buño cara a posición de Abel, que quixo tirar e saiulle mal, pero ca gran sorte de que o que fixo foi un pase perfecto a Palermo, no corazón da área, que non perdonou e remachou o 1-1.
A segunda parte foi mais nosa, con cinco ocasións claras pola nosa parte. Eso sí, eles tiveron unha moi clara, antes das que tivemos nós, para decantar o partido ó seu lado: Viti entrou desde atrás cando a nosa defensa tiraba o fora de xogo, prántouse só diante de Carlos e, sobre a sua saida, tentou unha vaselina que, milagrosamente, deu no pao esquerdo da portería polo lado de afora.
As ocasión nosas viñeron casi que todas polo bo facer de Palermo. Lanzou tres veces, unha dou no pao, outra saiu fora por moi pouco con Martín sobrepasado e outra detivoa perfectamente o porteiro oleiro. Tamén houbo outra moi boa, nun balón solto que non tiña dono preto da área pequena, que finalizou con tiro de Wash e foi dar no traveseiro, con bote casi na línea de meta, cando xa se esperaba o gol. Pero non foi, e os dous equipos acabaron dando por bó o empate.
Arbitrou Iván Ferreiro. Moi ben, pasou desapercibido, que é o mellor que se pode decir de un árbitro. Non mostrou cartóns porque tamén o xogo foi limpo por ambas partes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario