FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 7 de abril de 2019

VETERANOS DE SOFÁN 3 - VETERANOS DE MALPICA 0



Non foi tan malo o tempo como esperábamos, só un pouco frío pero aguantable. A chuvia deixounos tamén en paz, quedou para a tarde/noite. 

Si para o partido da semana pasada tiñamos de baixa a Alberto de Carballo, Joshua, Mutio, Suso Malpica, Suso Zas, Tone e Tono Alfeirán (mais as consabidas de Bugallo, Negro), non puderon vir tampouco Alberto de Barizo, Carlos, Leo, Nando e Miguel, recuperando únicamente a Alberto de Carballo e Mutio.

Co cual, o equipo formou como sigue : Chaves; Javi Mato, José, Alberto de Carballo, Luis; Wash, Mutio, Alberto Choiva, Abel; Fernando e Palermo. Despois xogaría tamén Arcay.














En condicións normales non podríamos dar moita noción de cómo foi o partido porque se da mal o de xogar, mirar e controlar os minutos das xogadas mais relevantes, mais as imáxenes do partido que suministraron os de Sofán (que está colgado enteiriño en You Tube -tocades neste enlace verde para velo- e no noso Facebook) serviron de gran axuda. O partido, en esencia, é moi doado de explicar. Nós acudimos en cuadro, tendo que poñer en liza superveteranos  (Abel, Fernando, Wash) para completar o once. O Sofán gañou merecidamente.

Oportunidades mais relevantes da primeira mitade:

Min. 6 : Fieira pasou a Carlos Reyes no borde da área que, sobre a saida de Chaves, elevou o balón, saindo fora por pouco.
Min. 12 : Fieira tirou desviado.
Min. 14 : Alberto Choiva mandou un balón en largo sobre a carreira de Palermo, non chegando éste a controlar o balón por moi pouco, cando estaba só para ir cara portería.
Min. 16 : Centraron o balón desde a dereita do ataque sofanista, non acertando a despexar os centrais, e chegando a Fieira, só diante de Chaves. O seu tiro despexouno apuradamente Chaves a córner.
Min. 21 : Fieira, moi activo en ataque, chegou a un balón solto en posición moi boa, pero tirou desviado.
Min. 23 (1-0) : Asistencia en ataque cara Suso Docampo, o xogador mais determinante hoxe, que non pudemos cortar. Presentouse diante de Chaves, ó que regateou para marcar.
Min. 30 : Suso Docampo recolleu o balón ó borde da área e tirou, estrelando o balón contra o poste esquerdo da portería. 
Min. 44: Un erro na saida da defensa do Sofán deixoulle o balón en franquicia a Arcay, que marchou só cara porta. Diante do porteiro Añón asistiu para o centro a Palermo (completamente só), pero o balón chegoulle ó noso dianteiro un pouco a contrapé, e non pudo marcar. Unha verdadeira mágoa.
Min. 45 : O porteiro sofanista, un pouco renqueante, quixo despexar un balón. Palermo presionou, rebotando o balón no noso dianteiro, quedándolle ben para Arcay, que non acertou a mandalo cara portería.




















Oportunidades mais relevantes da segunda mitade:

Min. 46 : Un balón que non acertou a despexar Camilo, chegou a Palermo, que tirou desviado.
Min. 51 (2-0) : Carlos centrou desde a esquerda e Suso Docampo cabeceou para marcar.
Min. 54 (3-0) : En pleno ataque malpicán, contragolpe que rematou Suso Docampo, rexeitou co pé Chaves e Martín, só na dereita, remachou a gol.
Min. 57 : Cornér desde a dereita. Acudiu Arcay, que centrou e Palermo, no segundo pao, cabeceou, librando do porteiro pero despexou un defensa debaixo dos paos.
Min. 60 : Rematou Luis, en boa posición, pero o seu tiro saiu preto do traveseiro.
Min. 84 : Na parte dereita da área recolleu o balón Palermo, en moi boa posición, pero o seu tiro saiu desviado. 
Min. 85 : Un centro desde a dereita rematouno só Fieira,  pero non acertou a mandalo entre os tres paos.

Arbitrounos por segunda vez nesta temporada Rai Reborido. Nada que decir, todo correcto. Houbo só unha xogada donde se encarou con un dos nosos, pero enseguida recuperouse a compostura e non foi a maiores.

Acabamos esta liga na cuarta posición, grazas ós resultados que fixemos cando tiñamos o equipo mais completo (non como hoxe). Agora toca enfrentarnos de novo a semana que ven ó Sofán (quinto na liga), mentras que ó Corme (terceiro) tocarálle xogar co Leiloio (sexto). Para elo, os catro equipos estarán exentos na ronda previa da Copa da Costa. Os gañadores de esos dous partidos loitarán (a partido único) por unha praza de ascenso a División de Honra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario