Antes de comenzar os dous equipos mais o colexiado posaron para a campaña "De fronte á violencia de xénero" no centro do campo.
Goles:
0-1 (min. 80) : Dani Calvete
1-1 (min. 85) : Palermo
______________________________________________________
Partido moi entretido donde pudo gañar calquera dos dous equipos.
Na primeira mitade foi un partido moi disputado ainda que sin ocasións claras e por conseguinte, goles. Os dous equipos adicaronse a asegurar a posición ainda que a posesión foi mais do Buño.
Na segunda mitade empezou mellor o Buño mais o Malpica foise facendo pouco a pouco ca posesión. Mais as ocasións claras foron repartidas. O Buño tivo a primeira nunha escapada de Viti cara porta e o seu tiro foi repelido polo longueiro. E, aparte do gol, tamén tivo unha escapada dun xogador oleiro que abortou Suso Malpica nunha grande intervención. O Malpica tivo as súas por medio de Palermo nunha escapada mais unha falta de Gurita que tamén deu no traveseiro. A partires do min. 80 definiuse o partido. Chegou o gol de Dani Calvete e, a partires de ahí, o Malpica encerrou ao Buño no seu campo. Dous centros medidos de Joshua foron parar a Palermo. O primeiro foi gol e o segundo non o foi por moi pouco.______________________________________________________________________________________________________________________________________
Arbitrou D. Carlos Señarís. Unha arbitraxe amable para un derbi tranquilo. Non puxo cartóns ainda que pudo haberllos posto a Suso Cereo por reiteración de faltas e a Mutio por unha entrada a destempo.
_____________________________________________________________________________________________________________________________________
O detalle do partido : o que tivo Dani Calvete nun ataque comprometido do seu equipo mandando o balón fora xa que estaba un xogador do Malpica caído. Detalle que o honra e que amosa o verdadeiro espíritu dos veteranos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario