FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de decembro de 2021

VETERANOS DE NANTÓN 3 - VETERANOS DE MALPICA 2 (Xornada 4)

Bo tempo nas Fontiñas (Nantón). Sol durante todo o partido, o que facía moi levadeira os restos da xeada da mañá.
Goles :
1-0 (Min. 19): Sande
2-0 (Min. 55): David Lareu
2-1 (Min.62): Palermo
2-2 (Min. 70) : Nacho
3-2 (Min. 80) : Sande
Definitivamente, non se nos da ben o campo de Nantón. Casi que doblábamos en número de efectivos ós rivais que, ainda por enriba, tiñan que poñer na portería a un xogador de campo e quedaban casi que xustos por un par de lesións de homes decisivos. Pero si algo caracteriza ó Nantón é que non dan un balón por perdido e gañaron o partido por pundonor.
Nós pola nosa parte xa xeramos un problema a Choiva, que hoxe estaba de entrenador, porque hai que turrar con vinta e un xogadores e que todos xogaran un pouquiño.
Costounos entrar no partido e non decidimos as ocasións que tivemos (tampouco moitas porque na primeira mitade xogamos moi lonxe da portería rival). Chegamos ó min. 60 da segunda mitade co marcador 2-0, gracias ó casi pleno dos rivais e a nula efectividade nosa. E parecía que iba a cousa a mellor porque, adiantando a defensa, e co trío en ataque Nacho-Palermo-Arcay conseguimos empatar en dez minutos. Pero con vinte minutos por xogar, inexplicablemente, pasamos a xogar pior, a perder balóns que non se podían perder e o Nantón, nun contragolpe moi ben levado, meteu o 3-2 definitivo. E a nosa moral, polo chan.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Arbitrou Vítor Recarei. Un arbitraxe amable, ainda que exasperou a varios dos nosos xogadores por non pitar faltas claras. Mais non foi decisivo no resultado. As tarxetas que amosou foron todas incontestables. E non lle vamos a poñer culpa ó árbitro cando fallamos nós, sobretodo diante da portería contraria (con un xogador de campo de porteiro, recordamos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario