FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de xaneiro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS SP. BERTOA 1 (Xornada 5)

Bo tempo nas Fontiñas (Nantón). Tempo gris en Malpica ainda que non choveu.
Goles :
1-0 (Min. 2) : Arcay.
Conseguimos adiantarnos a pouco do comenzo con un gol de Arcay (que nos fixo recordar o célebre gol de Goicoechea no mundial do 94 ca selección). E, a partires de ahi, a aguantar a un rival con unha calidade encomiable, do melloriño que pasou ata agora por Pedra Queimada, con un dianteiro como Chile que vai a ser seguramente do mais destacado de esta liga. O noso empeño o tiñamos encomendado principalmente a Palermo, que algunha tamén fallou.
Na segunda parte continuaron o asedio, do cal nos defendíamos como podíamos. Mais o maior número de ocasións era deles, facendo lucirse a Suso Malpica. Puderon empatar xa no min. 65 ca mellor das ocasións, un penalti claro pitado ó seu favor, pero o lanzamento foise a dereita do noso marco. Empeñáronse e conseguiron o gol no min. 70, si cadra na sua ocasión menos perigrosa. Posteriormente outro dos disparos deu na base do poste dereito. O noso mellor achegamento foi tamén por medio de Palermo que casi aproveitou un pase medido de Joshua, ainda que non conseguiu metros suficientes para poder superar ó porteiro.
_________________________________________________________________________________________________
Arbitrou D. Juan Marcos Ríos Suárez. Moi dialogante cos xogadores. Mostrou cinco tarxetas, bastante claras a pesares das protestas. Ainda así, deixou de mostrar cartón nalgunhas faltas mais claras. >

Ningún comentario:

Publicar un comentario