FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de xaneiro de 2022

VETERANOS SP. OZA 1 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 6)

Esperabamos tempo xeado no Carral (Sofán) polos días anteriores mais atopámonos con bo tempo e unha temperatura suave.
Goles:
0-1 (Min. 17) Alberto de Carballo
1-1 (Min. 31) : Luis Alberto González Ramos.
1-2 (Min. 32) : Gurita
1-3 (Min. 83) : Arcay.
Primeira victoria da tempada nun partido intenso. Os dous equipos comprometidos totalmente sobre o campo, sin regalar nada. Nós puxemos unha dianteira potente, con Nacho, Palermo e Arcay mais Mutio e Joshua repartindose polo mediocampo para apoialos. O primeiro gol, en corner botado desde a esquerda e cabeceado impecablemente no segundo pau por Alberto de Carballo. Ata a media hora non chegou o empate, en xogada a balón parado e cabezazo de Luis Alberto González no pau largo. Mais, sin tempo para dixerilo, no mesmo saque de mediocampo, Gurita ve ao porteiro adiantado e mándoulle o balón por enriba. 1-2 ao descanso.
Na segunda mitade puderon empatar eles en dúas boas oportunidades; na primeira, o balón foi dar a base do poste dereito e na segunda, non menos importante, luciuse Suso Malpica lanzándose a base do poste, cando o balón xa se coaba. Estirámonos algo mais e Palermo tivo unha moi boa doble oportunidade para sentenciar mais andivo fina a defensa rival. Aproveitamos no min. 83 un balón en largo que non pudo cortar o seu defensa central, deixando sós co balón en ataque a Palermo e Arcay, con último pase de aquel para que Arcay metera o gol.
Arbitrou D. Esteban Domínguez Lado. Non quixo amosar cartóns a ningún xogador. Non foi tampouco decisivo no resultado.
Lamentar tamén a lesión do xogador do Oza, Jose Manuel Lista Pose, que recibiu un forte golpe de Palermo cando lle sacou axilmente o balón que estaba presto a rematar a gol. Tivo que abandoar o campo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario