FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de xaneiro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE LEILOIO 1 (XORNADA 7)

O tempo xeado que esperábamos a semana pasada en Sofán, que non tivemos, collemolo esta semana en Pedra Queimada. Mais finalmente, o sol fixo levadeiro o partido.
Goles:
1-0 (Min. 15): Gurita
2-0 (Min. 37) : Joshua
2-1 (Min. 60): Alvaro
3-1 (Min. 87): Palermo
Xa creíamos que o partido estaba ben encauzado. Craso erro, porque o Leiloio comenzou a xogar moi ben ó fútbol na segunda parte. As fichaxes que fixeron do Xornes tamén lles deron ese plus. Pechounos no noso campo e combinando chegaba fácil as inmediacións de Suso Malpica que, coma sempre, demostrou a súa categoría. Tiveron un tiro ao pau e unha xogada na que Angel chegou só diante de Suso, despexando o noso porteiro in extremis. Mais quen a sigue a consigue, e Alvaro aproveitou unha xogada de balón parado para meternos o medo no corpo, nun gol que nos xenerou dúbidas de si entrara o balón ou non. Dourado sacou a un extenuado Leo, pasando Diego ao eixe da defensa con Alberto de Carballo, e Mutio con Joshua no mediocampo. O cambio surtiu efectos. Xa non había tanto dominio do equipo rival. E no min. 87, unha escapada de Gurita abre o balón cara a dereita a Arcay, que se meteu no extremo dereito dentro da área e ve só no segundo pau a Palermo, que controlou e marcou un bonito gol para darnos a tranquilidade final.
Arbitrou D. Bruno Méndez. Arbitraxe seria i, para nós, casi perfecta. Non así para os rivais, que lle protestaron moito i levaron por elo un par de tarxetas. Non foi decisivo no resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario