FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de marzo de 2022

VETERANOS SP. BÉRTOA 2 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 16)

Tempo estupendo para xogar no Municipal de Laracha, ainda que, ó ser un campo tan recollido, a calor chegou a ser algo sofocante.
Goles:
1-0 (Min. 24): Miguel Angel Cotelo (de penalti)
2-0 (Min. 49): Chile.
Partido intensísimo o xogado no Municipal diante de un dos favoritos para gañar esta liga. Contamos con bo número de xogadores, mais seguimos cas baixas de Gurita, Javi, Leo e Richard e faltou para este partido Suso Malpica. O Sp. Bértoa é un equipo mais xove que o noso e sabe xogar ben ó fútbol. Non rifan o balón e saen con él controlado. Conta co que consideramos tamén (xa o dixemos no partido de ida) o mellor ou un dos mellores xogadores de esta categoría, Chile. Él foi quen sacou da manga unha entrada na área, facendo slalom sorteando a nosa defensa, co cal non tivemos mais remedio que cometer penalti para paralo. Esa falta máxima supuxo a expulsión de Fariña, polo que pasamos a xogar con dez ata o minuto 70, no que se igualaron os dous equipos, por expulsión xusta do número 11 rival. Nesta primeira mitade tivemos nós dúas ocasións moi boas para marcar, un tiro impresionante de Mutio con parada monumental do porteiro rival e un centro á área no que Alberto de Carballo non acertou a conectar un cabezazo cando estaba só. Eles, aparte do penalti, tiveron outra moi boa que parou sensacionalmente Nacho.
Na segunda parte, Carlos, medio mancado, pasou a portería e Nacho á banda esquerda. Voltou a aparecer Chile para marcar o gol que parecía decantar o partido, xa que seguíamos en minoría de xogadores. Pero non se xogaba nada mal e tres minutos despois unha boa combinación entre Palermo e Arcay rematou con gol do noso 7. Ainda quedaban uns cuarenta minutos nos que podía pasar de todo. Mais non se moveu o marcador, ainda que na última xogada do partido Palermo a tivo cando cabeceou un saque de córner e o balón saliu preto do traveseiro, o cal nós creemos que daría mais xustiza no marcador. Igual non vale de nada o esforzo porque saimos con bastantes lesionados, o mesmo que o Sp. Bértoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario