FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de abril de 2022

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE OZA 1 (XORNADA 17)

Bastante vento en Pedra Queimada, o que condicionou en certa medida o choque. Na primeira parte xogamos nós a favor de vento e na segunda en contra.
Goles:
0-1 (Min. 70): Dani Romay (Navallas).
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Este partido empezamos a perdelo a semana pasada. A cantidade de lesionados que xerou aquel partido pasounos factura neste. Si non chegan a xogar os mais veteranos (Abel, Fernando e Wash), sólo habría once xustos, con Arcay, Joshua e Nacho tocados.
Os dous equipos tiveron casi que as mesmas ocasións, houbo un tiro aos postes por equipo e un par de paradas moi boas por parte dos porteiros. Pero quen se levou o gato á auga foi o Oza. Foi un malpicán quen decidiu o choque, aproveitando un pase entre liñas a espalda da defensa; Dani tirou e Suso repeleu o tiro mais Navallas recolleu o balón e o seu tiro despexouno na liña de meta Alberto de Carballo, ca mala sorte de que rebotou en Nando que viña tamén a tapar i entrou.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Arbitrou D. Jonathan Pardiñas Blanco. No gol, para nós, o balón deu na man do goleador cando recibiu o balón. No resto, pasou bastante desapercibido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario