FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de abril de 2022

VETERANOS DE LEILOIO 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 18)

Respetounos bastante o tempo no campo da Feira Nova. Pudemos presentar quince efectivos, contando ós mais veteranos.
Goles:
0-1 (Min. 40): Palermo.
Derbi moi disputado. Axudou abondo para iso as dimensións reducidas do campo. Non se daba ningún balón por perdido. Na primeira mitade lesionouse o porteiro do Leiloio, sustiuindo moi acertadamente Pol. Marcamos nun balón en largo de Mutio, o bote do balón pasou por enriba de Jose Antonio e chegou a Palermo, que sólo tivo que levantar o balón diante da saida do porteiro. Tivemos, aparte de esa ocasión, un balón que dou no longueiro despois de tocar Pol ca punta dos dedos. Eles contaron cos seus goleadores Alvaro e Angel, moi activos pero tamén moi vixiados por Alberto de Carballo e Diego. E cando os nosos defensas non chegaban, ahí estaba Suso Malpica para solventar balóns en longo e parando todo o que tiraban desde lonxe.
Na segunda mitade pudemos lograr o 0-2 nunha boa combinación de Palermo con Joshua, mais o seu tiro saliu por donde estaba o porteiro, Pol, que volvería a lucirse noutro tiro noso moi perigroso. Pero no min. 80, Suso Malpica lesionou e tivo que poñerse Nacho na portería. O Leiloio cercounos e non meteu o empate por pura mala sorte, con balón ao pao e duas paradas de Nacho antolóxicas, aparte de outro balón que saliu lambendo o poste.
Arbitrou D. David Castreje Ferrio. Moi acertado, por moito que algúns xogadores non estén de acordo. Pudo haber deixado ós dous equipos con un xogador menos, mais asumiu que estaba arbitrando veteranos (oxalá os xogadores fixésemos o mesmo). A un xogador do Leiloio na primeira mitade, que fixo unha entrada a Palermo escalofriante, impropia de veteranos (podía haber solventado a papeleta facendo un simple agarrón), donde o árbitro puxo cartón amarelo. E repetiu o mesmo xogador intres despois con outra entrada merecedora de cartón, que foi perdoado. No noso caso, perdonoulle a segunda tarxeta a un dos nosos na segunda mitade, merecida tamén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario