FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de maio de 2022

A LOTERÍA DOS PENALTIS (4-3)

E, nunca mellor dito, chegou a lotería dos penaltis. Meteron os dous primeiros Gurita e Mutio, para os nosos, e Néstor e Muiño, para o Nantón. No terceiro penalti, Nacho tirou para nós e o porteiro parou moi ben, mentras que para eles Gerardo acertou (2-3). No cuarto, Palermo meteu para nós e o tiro de Luis Giance foi moi ben detido por Suso Zas (3-3).No quinto Leo tirou as nubes e Paco de Nantón (que si metía, clasificaba aos cabaneses, tirou a base do pau esquerdo). E na tanda de desempate (a caída), Joshua meteu o 4-3 (foinos imposible saca-la foto) e Juan tirou moi alto o seu. Finalmente clasificamos os Veteranos de Malpica. Esperan na final os Veteranos de Fisterra, que gañaron aos de Oza por 2-1. O que gañe ese partido ascenderá a División de Honor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario