FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de maio de 2022

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE NANTÓN 1 FASE ASCENSO A DIVISIÓN DE HONOR (SEMIFINAL)

Tempo desapacible en Pedra Queimada. Antes de comenzar gardouse un minuto de silencio en memoria de Lois Cancela Vecino, alcalde que foi do Concello de Malpica, recentemente falecido.
Goles:
1-0 (Min. 18): Mutio.
1-1 (Min. 46): Paco de Nantón.
.......................................................
Partido xogado de poder a poder, con un tempo para cada equipo. Na primeira parte, adiantámonos no marcador con un gol brilante de Mutio, que colocou moi ben unha deixada desde a esquerda, sin que o porteiro pudese facer nada.
A segunda mitade foi todo o contrario. O Nantón cercou o noso marco e fíxonos pasar mal. Empataron nunha xogada combinada polo centro e finalmente achegaronlle o balón a Paco de Nantón, que bateu a Suso Malpica pola sua esquerda.
Seguiron atacando e tiveron a mellor das ocasións para levarse o partido. Despois de un rechace de Suso Malpica a tiro de Luis Giance, éste recolleu o balón e serviuno a esquerda onde entraba só Amarelle. Antonio empalma de primeiras e Suso Malpica, facendo unha das mellores paradas de esta liga, revolveuse ata chegar a liña de meta e despexou o balón, deixando apesadumbrados aos cabaneses porque xa se vían na final.
.........................................................
Arbitrou, nunha das súas últimas comparecencias, D. Alberto Baña Tajes, que demostrou moita sabiduría (ainda que os de Nantón non o vexan así). Tivo os seus mais e os seus menos co xogador Keita, ao que expulsou cando estaba no banquillo. Si chamar varias veces ao colexiado "subnormal" a viva voz non é motivo de expulsión, apaga e vámonos. É mais, o xogador non aceptou que o seu entrenador o cambiase para serenarlle os ánimos e, unha vez expulsado, negouse a abandoar o campo, dando luar a que o lanzamento de penaltis se demorase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario