FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de maio de 2022

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE FISTERRA 2

Papamos unha boa molladura ca que non contábamos ao primeiro do partido. As nubes amenazaban e finalmente descargaron.
Goles:
0-1 (Min. 77) : Leo Insua.
1-1 (Min. 79): Palermo.
1-2 (Min. 82): Leo Insua.
......................................................
Sabíamos que tiñamos baixas importantes no entramado da defensa e o mediocampo, merced as faltas de Diego, Mutio e Leo (ademais das baixas consabidas das anteriores xornadas). Mais non creíamos que se iban a botar tanto en falla. Para colmo para él, tocoulle de mister a Alberto Choiva, en ausencia de Dourado.
Non xogamos ben, tocou a de area. I enfrente tiñamos a un Fisterra que puxo todo o empeño no choque. Si non tivésemos un porteirazo como Suso Malpica, xa podían haber chegado con ventaxa ao descanso. Nós tivemos, así e todo, unha boísima ocasión nas botas de Palermo nunha grandísima xogada de Nacho que a deixou inmellorable para o remate pero que, incomprensiblemente, fallou (é a xogada que mostra a terceira das fotos).
Na segunda mitade seguimos pelexando cada balón. Eles tiveron unha ocasión moi boa, casi calcada a nosa da primeira parte. Nesta ocasión a asistencia desde a dereita a fallaron ata dous xogadores en boca de gol.
No min. 79, unha escapada de Josiño (en clarísimo fora de xogo) pola dereita deu orixe ao primeiro gol. Asistiu a esquerda e chegou Suso Malpica, que despexou, con tan mala fortuna que deu nun adversario e o balón quedou manso para que Leo Insua empuxara a porta. Cando foi o gol, nós xa xogábamos en inferioridade ao ver a segunda amarela Víctor Fariña.
Non rendimos, sobretodo Gurita que se botou o equipo a espalda. Empatamos dous minutos despois. Mais o Fisterra tampouco se rendeu e Leo Insua, recibindo un pase as costas da defensa, escapou só cara porta e cruzou diante da saida de Suso Malpica. Outro gol con polémica para os nosos defensas, que pediron inmediatamente a posición ilegal. Mais era difícil de ver para o colexiado, que estaba lonxe. Nós seguimos asediando a portería fisterrán, con un Gurita moi activo. Mais non era o día dos dianteiros diante da portería.
.......................................................................
Arbitrou Manuel Rodríguez Rojo, que non era o colexiado designado de principio. Non é un colexiado que nos dé moita sorte (perdemos os dous partidos que nos pitou esta temporada). Decidiu o choque nas xogadas dos goles fisterráns, sobretodo o primeiro, un erro bastante groseiro. Pero o resultado do partido pode considerarse xusto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario