FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de outubro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS CORCOESTO 5 (XORNADA 3)

Tempo moi bó en Pedra Queimada para a práctica do fútbol. Mágoa que o campo esté tan trillado, fai falla con urxencia un remozado completo (leva pelexado mais de vinte anos e nótaselle moito).
Veteranos de Malpica: Nacho; Luis, Diego, Leo, Nando; Gurita, Alberto de Barizo, Joshua, Carlos; Richard e Palermo. Estiveron tamén Alberto Choiva, Chaves, Chicho, Fariña, Fernando , Pablo de Seaia e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 5): David Castro.
1-1 (Min. 8) : Palermo.
1-2 (Min. 26): Elías (de penalti).
1-3 (Min. 35): Tiago.
2-3 (Min. 44) : Palermo.
2-4 (Min. 65) : Rodrigo. Partido intensísimo o de hoxe. Xa empezou con dous golazos, un por equipo, en grandes xogadas de David Castro e Richard. O Corcoesto ten un equipo moi intenso (tamén xoga ao límite). Houbo un intre en que os dous equipos estaban moi parellos. Mais o 2-4 do min. 65 casi que desequilibrou o partido e finiquitou as nosas esperanzas.
Non é árbitro para un partido tan competitivo D. Miguel Blanco Mouzo. Demasiado novo en mans de uns veteranos que querían decantar o resultado ó seu favor. Decidiu parte do choque en accións que vamos a enumerar. No primeiro gol noso o xogadón de Richard estivo a piques de non o ser pola entrada excesiva de Martín Mira, que non o cazou de milagre. O árbitro non o amonestou pola suposta lei da ventaxa. No min. 26, o penalti (que pudo ser ou pudo non ser) foi precedido de un fora de xogo por dous ou tres metros do atacante do Corcoesto. No min. 44, pudo expulsar a Martín Mira por un entradón a Richard, no que para colmo, amonestou a Leo e Richard por increpar a entrada (berrandolle ao defensa que ao día siguinte había que traballar). E para acabar de rematala, non viu un penalti campal por man en alto de un defensa do Corcoesto, que vimos todos os que estábamos no campo. Mais, aparte, os nosos rivais viron que deixaba pasar as entradas e poñían a man, ou os cóbados, ou a perna,... e todo pasaba sin pitar faltas nin amonestar. Eso nun partido donde o Corcoesto acabou con tres cartóns amarelos e nós con cinco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario