FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de novembro de 2022

VETERANOS DE NANTÓN 2 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 4)

Referente ao tempo, tivemos de todo nas Fontiñas. Unha primeira parte que ata tivo sol e unha segunda donde por momentos caeu auga a chuzos.
Veteranos de Malpica: Nacho; Fariña, Walter, Alberto de Carballo, Nando; Gurita, Diego, Mutio, Joshua; Richard e Palermo. Tamén xogaron Chaves, Choiva, Chicho, Leo, Luis, Pablo e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 55): David Lareu.
1-1 (Min. 75): Gurita.
1-2 (Min. 81): Gurita.
2-2 (Min. 89): Luis Giance.
<<
Partido vibrante ó que asistimos hoxe. Os dous equipos fixeron méritos para levalo. Xogouse a moitísima intensidade e houbo ocasións para un marcador moito mais abultado. Hai que resaltar que non sucedeu porque nas porterías Rubén e Nacho raiaron a moitísimo nivel. Ao final reparto de puntos que deixou contentos a ambos equipos porque pudo darse calquer resultado.
Chegamos nembargantes co marcador a cero ó descanso. Xa na segunda parte, adiantáronse eles nun libre directo que materializou David Lareu. Tocou remar e demos a volta ó partido con dous goles de Gurita (o primeiro de falta directa e o segundo de xogada individual con tiro desde fora da área). Faltaban dez minutos pero neste partido ese tempo era un mundo. Parecía que o controlábamos pero apareceu o de sempre, Luis Giance, para empatar nunha brilante xogada individual. A última ocasión do partido, que sería definitiva si fora gol, tivémola nós con un ataque en maioría de efectivos no que Gurita levouse o balón cara portería pola dereita e deu a asistencia perfecta cara a esquerda dónde apareceron sós Mutio e Palermo. O noso dianteiro tirou a asegurar mais Rubén fixo unha das que poderán ser mellores paradas da temporada e conseguiu despexar.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Arbitrou con moito criterio D. Oscar Santos Rodríguez. Só houbo algunhas reclamacións nos fora de xogo pitados donde pudo acertar ou non. No resto, levou o partido tranquilamente e só tivo que amosar dúas tarxetas amarelas ós de Nantón.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O detalle deportivo: O que tivo o noso dianteiro Palermo nunha xogada donde quedaba prácticamente sólo para o remate e parouse en seco ó darse conta da indisposición de un rival. Esos detalles que terían que definir o que ten que ser unha liga de veteranos, pero que últimamente non se ven. Levouse o aplauso inmediato de moitos dos que alí nos atopamos e o recoñecemento pleno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario