FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de novembro de 2022

VETERANOS MALPICA 1 - VETERANOS SONEIRA 0 (XORNADA 5)

Tempo espléndido para a práctica do fútbol, máxime si comparamos ca que caeu pola tarde.
Veteranos de Malpica : Nacho ; Fariña, Walter, Alberto de Carballo, Nando; Gurita, Mutio, Diego, Joshua; Richard e Palermo. Tamén xogaron Carlos, Chaves, Chicho, Choiva, Leo, Luis, Pablo e Sergio.
.........................................................................................................................................................................................................................................................................
Goles:
1-0 (Min. 23): Richard.
........................................................................................................................................................................................................................................................................
Si o domingo pasado xogáramos o mellor partido ata ese momento, hoxe voltamos a xogar moi ben e subimos ainda mais a intensidade. Éste é o camiño. Todos os que estiveron tentaron chegar a todos lados, cortando o xogo dos Veteranos de Soneira. Sólo houbo un gol (tempraneiro) nunha falta botada por Mutio que Suso Coscoñas non acertou a blocar e o rexeite pelexouno Palermo para que Richard metera gol. Mais tivemos oportunidades en pés de Palermo, Richard e Gurita que, si houbesen chegado a entrar, serían golazos.
Os rivais, equipo moi ben organizado, tentaron empatar. Mais os nosos xogadores multiplicáronse para cortar todos os pases internos que pretendían chegar á nosa área. E cando non se cortaban, aparecía Nacho para cerrar todo o que tiña visos de perigro. Ainda así, eles tiveron a mellor das oportunidades para empatar. No min. 75 o árbitro pitou un penalti por man de Diego. Mais Nacho repeliu o lanzamento á súa dereita. O cal nos deu alas para chegar a victoria.
...............................................................................................................................................
A arbitraxe de D. Bruno Méndez casi que foi impecable. Non amosou cartóns. E sólo houbo unha queixa por equipo. No gol noso os soneiráns pediron falta ó seu porteiro ainda que éste non chegou a apoderarse do balón. E nós reclamamos que o penalti non foi tal porque Diego non tiña o brazo despegado do corpo. Pero iso non empaña para nada a labor do colexiado. Como único dato en contra, creemos que finiquitou o partido moito antes dos 90 minutos reglamentarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario